mércores, 31 de outubro de 2018

BO SAMAÍN!!!

Imaxe atopada na rede.
Nesta noite de Samaín moito coidado aos que teñen pensado visitar as casas dos veciños para conseguir caramelos, a  ver se vos ides atopar algún destes monstros.

Obtido no canal de Youtube de Aida Oitabén.
FELIZ NOITE!!!

luns, 29 de outubro de 2018

SAMAÍN XA!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Como todos os anos, por estas datas, chega a nosa recopilación de recursos para o Samaín. Trae algunhas cousiñas interesantes. A ver que vos parecen!!!

-Comezamos con música, cunha fantástica selección de cancións para Samaín e Magosto realizada por Ana Sánchez S. Todas son en galego; encántame o material na nosa lingua!
- Un pouco de lectura tamén nos ven xenial. Mirade todos estes contos que aparecen na páxina Club Peques Lectores. Hai en que escoller!
-Desde La cuentería, tamén nos ofrecen lectura.
- Sempre temos a punto as opcións de anos anteriores.
BOA CELEBRACIÓN!!

sábado, 27 de outubro de 2018

HORA DE LER (II)

Montaxe realizada con Pizap.
Continuamos coas lecturas que os nenos/as fixeron durante o verán e tócalle a Oliva. Aínda que algún libro está en proceso de lectura deunos para contalo. Esta vez  a protagonista é Tea Stilton e unha  estupenda viaxe a Londres, A ver que vos parece!
Ainoa optou por un clásico de Disney, "El libro de la selva", que lle gustou moito. Mirade que claro o tiña!!
Luis quixo traernos tamén unha aventura da familia Stilton, "¡Un superratónico día... de campeonato!"Como a Luis lle apaixona o fútbol, entre outras cousas, este foi un libro ideal. Ollade como nolo conta!!
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
Noutra entrada, máis!!!

mércores, 24 de outubro de 2018

OUTUBRO E A BIBLIOTECA.

Cartel deste ano sobre a Biblioteca Escolar.
O mes de outubro é o mes por excelencia da biblioteca, xa que é un tempo dedicado a ela e no calendario parece un día para a súa celebración, o 24. Obteredes máis información na páxina da Bibliotecas Escolares de Galicia, se premedes na imaxe do comezo.
Como cada ano, hai un escritor/a e un ilustrador/a de recoñecido prestixio que deben realizar o cartel e o pregón para todas as bibliotecas do noso país. Nesta ocasión , os escollidos foron: Gonzalo Moure Trénor (escritor español dedicado á literatura xuvenil) e Alfonso Zapico(historietista e ilustrador).
Cartel deste ano do Día da Biblioteca. Autor. Alfonso Zapico.
Na revista Babar ofrécennos o pregón  de Gonzalo Moure.
Para rematar, déixovos este vídeo que atopei  na páxina do Condado de Salt Lake(Utah), para promocionar un reto de lectura de verán, a través da figura de Freddie Mercury e a súa banda Queen.
Obtido no canal de Youtube de thecountylibrary.
Hoxe tamén celebramos o aniversario da creación das Nacións Unidas. Premede na imaxe para informarvos.
Non esquezades visitar entradas doutros anos, aquí.
FELIZ DÍA!!!

luns, 22 de outubro de 2018

ISTO É TO, ISTO É TO, ISTO É TODO, AMIGOS!

Obtido no canal de Youtube de Klandestinos Producciones.
O 22 de outubro é o Día Internacional para a Concienciación da Tartamudez. Comezamos a entrada hoxe, facendo un guiño ao noso amigo Porky ( que non é moito desta xeración, pero bueno), xa que el tiña unha maneira peculiar de falar. Nunca foi un problema para que nos gustase e alcanzase o éxito dentro dos debuxos animados. Pois isto é o que se pretende coa celebración deste día, NORMALIZAR.
Na páxina Guía Infantil, atopei un artigo moi interesante sobre o tema.
Podedes recordar a entrada do ano pasado, premendo aquí.
E para que vexades os debuxos que vían os vosos papás cando eran pequenos un capítulo de Porky onde é o propieterio dun café. Que vos aproveite!
Obtido no canal de Youtube de JOEL HDz
FELIZ DÍA!!!