domingo, 31 de xaneiro de 2016
sábado, 30 de xaneiro de 2016
HORA DE LER (IV).
Retomamos a nosa sección da Hora de ler,que non decansa, pero que non se publica a tempo real. O importante é levala a cabo e que todos/as gocemos con ela.
Hoxe a prota é Aitana que nos sorprendeu xun precioso libro titulado "¡Bravo, Teo!" da Editorial SM.
Esta aventura, dun simpático rato, está contada en tres dimensións, o que fai que o conto sexa do máis atractivo. Xulgade por vós mesmos!!!
Montaxes realizadas con PiZap.
Ofrézovos a continuación unha aventura doutro Teo , que quizais tamén coñezades.
venres, 29 de xaneiro de 2016
martes, 26 de xaneiro de 2016
EDUCACIÓN AMBIENTAL.
Imaxe atopada na rede.
Desde o ano 1975 vense celebrando, o 26 de xaneiro, o Día Mundial da Educación Ambiental. Sempre é un bo momento para pensar no Planeta e no que podemos facer por el e ir concienciando aos peques de que debemos coidalo e respectalo.
No blogue do amigo Antonio López, Juegos Educativos Online Gratis, atopei a Caillou reciclando. Apetécevos xogar con el?
Eu engado un xogo de memoria, vale?
A xogar!!!!
sábado, 23 de xaneiro de 2016
RECURSOS PARA A PAZ.
Montaxe creada con Pizap e imaxes da rede.
Achégase un día importante de celebración en todos os centros e, aínda que traballamos arreo para que poidamos convivir en harmonía diariamente, a finais do mes de xaneiro festexaremos a Paz.
Deixovos unha compilación de recursos de blogues amigos, que espero vos sexa de utilidade. Premede na imaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







