xoves, 16 de xullo de 2015

BO VERÁN!!!!

Xa sabedes que non me gustan as despedidas e que en setembro volveremos a vernos todos no cole. Así é, que vos deixo esta montaxe de recordatorio do curso e o vídeo que nos fixera a profe Vane para a lectura de "Palmira, una bruja marina". (Quedoulle super chulo e non tivera ocasión de colgalo. Estaba esperando unha gran oportunidade e cal mellor que esta ).


(Grazas, profe Vane, por esta montaxe tan preciosa. Este sí que é un vídeo como ten que ser).
FELIZ VERÁN A TODOS/AS E GRAZAS POR ESTE FANTÁSTICO CURSO!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

mércores, 15 de xullo de 2015

POR QUE OS PRÍNCIPES SON AZUIS?

Preguntástevos algunha vez por que os príncipes dos contos son azuis? Será do que comen? Terá que ver co feitizo dunha bruxa malvada? Se tedes interese en descubrilo, lede as posibles causas deste fenómeno.

martes, 14 de xullo de 2015

SERES FANTÁSTICOS.

Aínda nos quedan cousiñas no tinteiro, entre elas, esta compilación de Seres Fantásticos que non vos podedes perder. A ver que vos parece!!!

luns, 13 de xullo de 2015

REMATOU ESTE CURSO.

Unha das cousas que lle pediran á Fada Perella nas súas cartas fora que me convencera para que puidesen traer á aula xogos de mesa e divertirnos con eles. Xa sabemos do gran poder de convicción da nosa fada particular, así que, rematamos os últimos días facendo cousas diferentes.Un día, elaboramos un puzzle dun mapa de Europa que trouxo a clase Marcos Lesta. Ao principio costou un pouco, pero entre todos, conseguímolo!!!
Outro día tocaron os xogos de mesa. "Conector enciclopedia", "Mi primer libro de ajedrez","Caras y gestos" e "Mate , el juego de los tres poderes" fixeron as delicias de todos.
Noutra ocasión, formamos dous equipos para resolver o "Fin de curso" do libro de Mates e ao seguinte día,  tocaron equipos de tres para xogar ao "Stop" e a buscar no diccionario.
O último día, recibimos carta de Perella, que nos desexaba feliz verán, e repetimos a experiencia de montar tendas pola clase  e mercar e vender de todo. Ata tiñamos un banco e sabedes quen era a banqueira? Si, si, a profe!!!!
Aquí queda constancia  do que vos acabo de contar.


O último día tivemos que facer unha festa para despedir o curso como se merecía e entregar uns agasallos para deixar un bo sabor de boca.
ADEUS CUARTO!!!

domingo, 12 de xullo de 2015

QUIXOTE (IV)

Para rematar, por este curso, a nosa andaina por este sorprendente libro , decidimos contar aquela aventura que nos gustara máis ou nos chamara a atención e por que. Aquí vos deixo a presentación do escrito pero tamén o podedes escoitar se premedes nos símbolos da nota musical.