martes, 29 de xaneiro de 2013

SEGUIMOS COA PAZ.

Agora os xogos veñen desde UNICEF.Como? Que non sabedes o que é a UNICEF?
Tranquilos,vos ide xogando que xa faremos unha investigación sobre o tema.

luns, 28 de xaneiro de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Como xa sabedes este mércores,30 de Xaneiro, celebraremos o Dia Escolar da Paz.Estades traballando a reo con todos os profes sobre este tema(comigo  algo tamén) pero eu  quero deixarvos algún xoguiño para que pasedes un bo rato e tamén para que reflexionedes algo sobre o tema.
Pensade que a paz depende ,en gran medida, do ben que nos sintamos con nós mesmos; que se entendemos ao outro e nos poñemos no seu lugar,probablemente non sexamos capaces de facerlle mal e que  o respecto  a tolerancia  están na base dunha convivencia  pacífica.
Por último sinalar que debemos "practicar a paz" todos os días do ano.
Premede para xogar.

venres, 25 de xaneiro de 2013

DISTINGUUNTUR VISITANS (INSIGNE VISITA).

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza dun veciño ilustre de Forcarei, Francisco Rozados"Rochi", que veu a presentarnos a súa nova revista "Metacios". Digna herdeira da súa predecesora,"Cotaredo",esta nova publicación segue contando coa coordinación de Rochi e a colaboración del mesmo e de persoeiros  de renome dentro do mundo político e cultural.
Cabe destacar  a ilusión e gañas deste grupo participante  por deixar constancia dos feitos culturais e históricos dun pobo que ten moito que agradecerlles, sobre todo ao facelo de maneira altruísta.
Así , desde a clase de 3º, queremos agradecerche, Rochi, a túa visita e o teu traballo desinteresado a prol do coñecemento e a cultura de onde naciches.
Actividade impulsada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

martes, 22 de xaneiro de 2013

OS ANIMAIS(III).

Agora algo un pouquiño máis complicado. Atrevédesvos?
Preme na imaxe para xogar.