venres, 25 de xaneiro de 2013

DISTINGUUNTUR VISITANS (INSIGNE VISITA).

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza dun veciño ilustre de Forcarei, Francisco Rozados"Rochi", que veu a presentarnos a súa nova revista "Metacios". Digna herdeira da súa predecesora,"Cotaredo",esta nova publicación segue contando coa coordinación de Rochi e a colaboración del mesmo e de persoeiros  de renome dentro do mundo político e cultural.
Cabe destacar  a ilusión e gañas deste grupo participante  por deixar constancia dos feitos culturais e históricos dun pobo que ten moito que agradecerlles, sobre todo ao facelo de maneira altruísta.
Así , desde a clase de 3º, queremos agradecerche, Rochi, a túa visita e o teu traballo desinteresado a prol do coñecemento e a cultura de onde naciches.
Actividade impulsada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

2 comentarios:

  1. A verdade e que foi unha visita moi interesante, sobre todo pola defensa da cultura, e non de calquera, senón da dos nosos cativos e das súas familias.

    ResponderEliminar