martes, 31 de xullo de 2012

PONTES DO RÍO LÉREZ.


Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos  aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!


luns, 30 de xullo de 2012

NOVOS XOGOS.

Que tal vai o verán, meus perelliños?Seguro que estades disfrutando a tope  do tempo de lecer. A fada Perella  deixouvos uns divertimentos  novos en "O nosos xogos",  por  se vos apetece bloguear.
Por certo, se queredes saber o significado do que acabo de chamarvos, xa sabedes...... diccionario!!!
 Non vos apuredes, tédelos no blogue.

mércores, 25 de xullo de 2012

PROXECTO FABA.

Alguén me pode dicir como está a súa faba? Contémoslle a todo o mundo o que fixemos este curso.

venres, 20 de xullo de 2012

OS VERMES DA SEDA

.Durante o curso traballamos o ciclo vital dos vermes da seda desde que son ovos ata que se transforman en bolboretas.Aquí vos deixo o que aprendemos....









mércores, 18 de xullo de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE FORCAREI.


Ola,chicos e chicas!!! Teño grandes novas. O venres 20 inaugúrase no Concello a exposición sobre Forcarei na que están incluídos os vosos traballos. Será as 20:00h e permanecerá aberta, en horario de mañá, do 23 ao 27 de Xullo.

Espero vervos a todos e todas!!!