Imaxe de Rick R-D
Como xa vimos na entrada anterior, creamos o noso rincón de Exipto e vimos cales son os nosos intereses con respecto a este país. O tema que nos propuxo Biblo é o dos monumentos pero, falaremos un pouco de todo.
Como a dinámica, en principio, vai ser similar a do país anterior , intentaremos centrarnos nalgunha cousiña novedosa que poida xurdir.
De momento situamos Reino Unido(saída) e Exipto (chegada) no mapa.
Montaxes realizadas con PiZap.
Utilizamos diversos mapas atopados en Internet na Pizarra Dixital pero un dos que máis nos gustou foi o da páxina http://www.ibge.gov.br/paisesat/, xa que ademais de situarnos na zona tamén ten datos interesantes e fotos relacionadas.
Clicade sobre a imaxe para acceder.

















