venres, 17 de xuño de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XI).

Imaxe de Rick R-D

Como xa vimos na entrada anterior, creamos o noso rincón de Exipto e vimos cales son os nosos intereses con respecto a este país. O tema que nos propuxo Biblo é o dos monumentos pero, falaremos un pouco de todo.
Como a dinámica, en principio, vai ser similar a do país anterior , intentaremos centrarnos nalgunha cousiña novedosa que poida xurdir.
De momento situamos Reino Unido(saída) e Exipto (chegada) no mapa.
Montaxes realizadas con PiZap.
Utilizamos diversos mapas atopados en Internet na Pizarra Dixital pero un dos que máis nos gustou foi o da páxina  http://www.ibge.gov.br/paisesat/, xa que ademais de situarnos na zona tamén ten datos interesantes e fotos relacionadas.
Clicade sobre a imaxe para acceder.

martes, 14 de xuño de 2016

PUNTUANDO: LEO E O FÚTBOL.

Montaxe realizada con PiZap.

Leo propúxonos para a súa entrada un tema moi popular: o fútbol. Como non nos gustan as polémicas non imos entrar en preferencias de equipos, simplemente falaremos do deporte e das súas características.

Comezaremos presentando algúns deportes con Doki.
Obtido no canal de Youtube ribago.

Agora un divertido capítulo dos GLUMPERS.
Obtido no canal de Youtube dos Glumpers.
Imos  a xogar un pouco. Aquí tendes uns animais que saben  moito do tema.
Este xogo é máis complicado. Primeiro hai que colocar unhas pezas e despois meter gol. Quen se atreve?
Despois de tanto xogar teremos que limpar os tenis, non? Pois , adiante!!!
Xogos obtidos en juegosinfantiles.com

domingo, 12 de xuño de 2016

CADA UN NO SEU.

Imaxe atopada na rede.

Tal día coma hoxe , no ano 2002, a Organización Internacional do Traballo (OIT) estableceu  o Día Mundial contra o Traballo Infantil. Preténdese con esta data concienciar á poboación mundial dun dos máis graves problemas que sofren millóns de nenos/as cada día.
Neste vídeo da Fundación Telefónica vese claramente o que ocorre no mundo e como debería cambiar"Máis nenos estudando, menos nenos traballando".
Obtido no canal de Youtube Fundación Telefónica.
Pero que non se equivoque ninguén; que os nenos e nenas non teñan que estar desempeñando funcións de adultos non significa que non teñan responsabilidades e que non teñan o seu traballo. Teñen o deber de estudar e esforzarse na escola, de xogar e gozar da vida e de aprender para ter un futuro mellor.
PARA QUE SE CUMPRAN OS SEUS SOÑOS; NON AO TRABALLO INFANTIL!!!!
Imaxe atopada na rede.

mércores, 8 de xuño de 2016

COMEZA A AGROMAR.

Imaxe obtida en pixabay.com
Todo esforzo ten a súa recompensa!!! Plantamos, coidamos , regamos e....as plantas comezan a agromar!!!
Non vos contamos que, ao mesmo tempo que sementamos os chícharos na terra, tamén o dixemos en algodón, para poder ver o que pasaba.
Primeiro colocamos algodón nun prato de plástico. 
Despois regamos con auga e colocamos os chícharos.
Por último, tapámolos con algodón.
Aquí tedes o resultado.
Montaxes realizadas con PiZap.
E os nosos chícharos na terra.

domingo, 5 de xuño de 2016

DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

Imaxe obtida en imagenesactual.com

Aínda que todos  os días  nos preocupemos de coidar o medio natural que nos rodea, o día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para sensibilizar ao mundo da importancia deste tema.Debe ser que non temos moi claro o que hai que facer porque a cousa non vai de todo ben. Para tratar de mellorar no posible  aí vos van uns conselliños para poñer en práctica canto antes.
Atopado no canal de Youtube aula2punto0
Agora un pouco de material para desenvolver sobre o tema.
No INTEF  sempre hai recursos interesantes.
No blogue da nosa amiga Blanca B,Actividades para Educación Infantil, podemos ver este libro de actividades que tal vos interesen.
E agora un xogos  da páxina Discovery Kids.

FELIZ DÍA!!!