mércores, 27 de abril de 2016

PUNTUANDO: CRISTINA E O DEBUXO.

Montaxe realizada con PiZap.
Cando Cris me plantexou esta entrada non me quedou moi claro que era o que quería, se debuxos para descargar, para colorear on line, como aprender a debuxar..... Polo tanto pensei que podería facer unha mistura de todo e así... case seguro que acerto!!!

Comezamos cunha páxina de debuxos para colorear on line, que tamén podedes descargar en branco e darlle cor sobre papel. Aparecen case a maioría dos vosos nomes e unhas preciosas láminas para o día da nai. Aproveitade!!!
Outra paxiniña para colorear on line. Ten un montón de categorías!!!
Se preferides descargar os debuxos e pintalos sobre o papel podedes facelo nesta páxina. (Aquí hai Pokemons).
Agora un par de vídeos para aprender como debuxar animais . É moi sinxelo.
Obtido no canal de Youtube Top Facebook.

luns, 25 de abril de 2016

MÁIS LIBROS.


Hoxe, na nosa biblioteca, agardábanos unha sorpresa moi grata. Os nenos e nenas de 6º de primaria contáronnos porque se celebra o Día do Libro na data sinalada; os de 5º, recitáronnos uns poemas(que tamén ilustraron) do libro "A coitada lúa" de Rosalía Morlán e os de infantil de 4 anos mostráronnos o libriño que elaboraron sobre a aventura dos muíños do Quixote.
GRACIÑAS A TODOS/AS!!!
Nós tamén fixemos, ademáis dos acrósticos que xa vos mostramos, uns minilibros sobre a data conmemorada o 23 de abril. Mirade como nos quedaron.
Montaxes realizadas con Pizap.

sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.

Imaxe  de muxotepotolobat
O 23 de abril celebramos o Día do Libro e do Dereito de Autor. A data foi escollida  porque en tal día morreron tres grandes autores, no ano 1616 : Inca Garcilaso de la Vega, William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Outros grandes autores naceron ou faleceron nesta data por iso foi escollida pola UNESCO para rendir homenaxe aos libros e aos seus autores.
Para  celebralo, na clase de 1º decidimos facer uns acrósticos sobre Cervantes e a súa obra. En primeiro lugar vimos o conto LIM de "Cervantes para niños "de Lourdes Giraldo e xogamos un pouco para coñecer ao escritor. A continuación, explicamos o que eran os acrósticos, fixemos un exemplo e puxéronse mans á obra. Teño que dicir que os elaboraron practicamente solos. Cando algún se "atascaba" nunha palabra, dábamos varias opcións entre todos para que escollese a que máis lle gustase.
O resultado foi o seguinte.
A profe tamén elaborou o seu propio  acróstico e, coa axuda de todos/as, quedou así de chulo.
Deixovos enlazado este estupendo traballo de Lourdes Giraldo sobre Cervantes para os nenos.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

venres, 22 de abril de 2016

DÍA DA TERRA.

Imaxe de informacionimagenes.net
Hoxe é o Día da Terra, que comezou a celebrarse nos Estados Unidos en 1970, e vai camiño de cumplir o seu 50 aniversario. O tema deste ano,2016, é "As árbores para a Terra" e ten o obxectivo de plantar 7,8 millóns de árbores nos próximos cinco anos.Trátase de repoboar o que a man do ser humano "destrúe", pero...non sería mellor construír?
Con solo tres xestos sinxelos estaremos contribuindo a coidar o noso Planeta. 
Veña, imos, aínda non é tarde!!!
Obtido en Canal de Youtube estudio Ronda.
Nós decidimos celebralo durante esta semana seguindo  co noso horto de Voz Natura.
Nesta ocasión fixémolo xunto cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Eles plantaron as súas leitugas, e xuntos, fresas e ceboliño.
Aquí tendes  como nos foi.
Montaxe realizada con Be Funky.

Podedes ver tamén como lle vai ás nosas leitugas  e canta auga conseguimos recuperar(Aínda que non tivemos ocasión de regar porque chove seguido).

Noutra entrada contarémosvos que outra actividade de plantación fixemos. Cal será?

martes, 19 de abril de 2016

UN POUCO DE MÚSICA.

Maurice Ravel por Rhapsody en White
Hoxe deuseme pola música (que é outra das miñas paixóns) e quero compartirvos unha peza que me parece do máis sublime dentro da creación musical clásica. Trátase de "O bolero de Ravel", que xa apareceu nunha entrada anterior (premede aquí para vela).
Pero nesta ocasión non é unha orquestra quen o interpreta senón.... por que non  o vedes?
Obido no canal de Youtube Wienner Cello Ensemble +1
Se queredes coñecer ao autor desta peza, Maurice Ravel, premede sobre o seu nome e poderedes ver a súa biografía.