xoves, 7 de abril de 2016

COIDAMOS A SAÚDE.

Imaxe atopada na rede.
Hoxe é o Día Mundial da Saúde, que foi establecido polas Nacións Unidas para conmemorar o aniversario da fundación da Organización Mundial da Saúde en 1948.Según este organismo, a saúde é un  estado de completo benestar: físico, mental e social.  Non só é ausencia de enfermidade senón un axeitado equilibrio entre as condicións físicas, mentais, culturais e socias das persoas. Este día foi creado para sensibilizar sobre certos temas e xenerar accións que favorezan un acceso á saúde en todo o mundo.
Este ano o día está dedicado á diabete, unha enfermidade crónica que se produce cando o páncreas non produce a cantidade de insulina suficiente ou cando o corpo non é capaz de usar ben esa insulina.
A insulina é unha hormona que regula o azucre no sangue e con iso aporta a enerxía necesaria para vivir.
Se queremos estar sans debemos facer dúas cousas fundamentais: levar unha correcta alimentación e facer exercicio regular.
Para que repasedes a pirámide alimenticia deixovos un xogo do noso amigo Doki.
E outro para medrar sans.

mércores, 6 de abril de 2016

PAR/IMPAR

Con carácter de urxencia vouvos a compartir uns xogos cos números pares e impares porque necesitamos practicar un pouco.

-Primeiro unha cancionciña para aprendelos ben.
Canal de Youtube de Carlos Calderon.
- Garda os globos na súa caixa correspondente.
-Clasifica os obxectos.
- Uns numeriños de circo para repasar.
-Axúdalle a Carlos a ordenar a carnicería.

luns, 4 de abril de 2016

CRÓNICAS VACACIONAIS.

Para que vexades que ben o pararon os nenos e nenas de primeiro durante as vacacións de Semana Santa, aquí vos deixo as crónicas que realizaron en Lingua Galega e Castelá (según o gusto).

sábado, 2 de abril de 2016

#PASAOPOLOAUTISMO.

Imaxe atopada na rede.

Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro Infantil(xa publicamos a entrada onte) e tamén o Día Mundial da Concienciación  sobre o Autismo.
Para que teñades unha idea do que significa este trastorno, aquí tedes este conto da Asociación Esperanza para el Autismo.


A Confederación de Autismo España fixo un chamamento social para dar visibilade ao trastorno a través dunha campaña na que nos invita a pasar a testemuña pola inclusión, a tolerancia e o respecto. Á clase de primeiro chegou un cilindro azul(made in na casa total) pero non sabiamos o que era nin para que ser servía. Así que decidimos  facer cábalas sobre o estraño obxecto. Este foi o resultado.(No vídeo aparecen as ideas que os nenos/as tiveron e os nenos/as que as propuxeron).
Unha vez soubemos o que era,  falamos sobre o tema e decidimos pasarnos  a testemuña.
Montaxes realizadas con piZap.

NÓS XA O PASAMOS; E TI A QUE ESPERAS?

venres, 1 de abril de 2016

LITERATURA PARA OS MÁIS NOVOS.

Cartel del ilustrador Ziraldo.

O IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) é un colectivo sen ánimo de lucro composto por persoas e asociacións  do mundo comprometidas con facer que os libros e a infancia se acheguen. Este é o encargado de promover a celebración, cada 2 de abril,  do Día Internacional do Libro Infantil.Coincide coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, famoso escritor infantil.
Mañá celebraremos o día pero como hai outra conmemoración imos ir adiantando traballo. Para celebralo ao grande podedes ler a mensaxe deste ano da escritora Luciana Sandroni en forma de precioso conto. Premede na imaxe.
Tamén vos deixo un conto sufí adaptado polo escritor Eloy Moreno e que pertence ao seu libro "Cuentos para entender el mundo".
BOA LECTURA!!!