venres, 5 de marzo de 2021

MANUALIDADES (V)

Imagen de InspiredImages en Pixabay
Xa case rematado xaneiro, chegou o Día da Paz ao cole. Nós para celebralo contamos o conto "Ponte mis gafas" de Aurora Soto e José Losa. Podedes recordalo aquí.
O  que non vos mostramos foi o que fixemos en Plástica. Sobre unha cartolina de cor (cada un a que quixo) fixemos unha creación libre escollendo varios elementos (pombas, letras, bolboretas, símbolos...) e decorándoos. Este foi o resultado. A ver que vos parece!!!
Montaxe creada con Adobe Spark

2 comentarios: