mércores, 30 de maio de 2018

CAIXÓN DESASTRE (IV)

Montaxe creada con PiZap.
Volvemos co noso Caixón Desastre e un dos nosos temas favoritos: a música. Preséntovos un instrumento  pouco habitual; o harpejji. Premede aquí para saber máis cousas deste instrumento de corda con dez anos de vida. E para que vexades como soa, un temazo de Queen, Bohemian Rhapsody.
Obtido no canal de Youtube de Mathieu  Terrade.

domingo, 27 de maio de 2018

RECURSOS PRIMAVERA 2018.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Aínda que se resista  a primavera en agromar e o tempo non acompañe moito, xa pasamos o ecuador desta estación. Imos apuntar uns cantos recursos:

- Na web oficial de Orientación Andújar aparecen moitos materiais, dende portas para decorar ata fichas de grafomotricidade.
- Na páxina de Imágenes Educativas tamén teñen unha boa morea de materiais.
-O colectivo de ocio saúdable e educación, Tándem, proponnos 10 manualidades para facer con neos/as. 
-Na páxina, Lluvia de ideas, atopamos actividades estupendas e moi primaverais.
-No blogue de Óscar Alonso, La Eduteca, hai un monográfico magnífico sobre esta estación.
-Non vos esquezades de consultar aquí os recursos doutros anos.

xoves, 24 de maio de 2018

CRONICAMOS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Aquí vos deixo as crónicas que fixemos sobre as dúas estupendas visitas que tivemos ultimamente.

luns, 21 de maio de 2018

DIFERENTES CULTURAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
O 21 de maio celebramos o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento. Gustaríame remitirvos a unha entrada antiga na que se explica un pouquiño  o significado do termo. Premede aquí.
Neste vídeo curtiño dánnos algunha pista sobre o tema.
Obtido no canal de Youtube  de Candela Venica
Rematamos o post cunha canción moi marchosa de  Juan Fernando Velasco, titulada "Todos somos distintos"
Obtido no canal de Youtube  CANTANDOCONTIGOWEB
FELIZ DIVERSIDADE!!!

sábado, 19 de maio de 2018

DATAS SINALADAS.

Montaxe realizada con PiZap.
O día 17 de maio celebramos as nosas Letras por todo o alto pero, esta data, tamén coincide co  Día Mundial da Reciclaxe e o  Día da Internet .O día 18 tivemos o Día Internacional dos Museos.
Xa sei que "pasou o día, pasou a romaría" pero tendo conta  que son moi pouco convencional e creo que as datas sinaladas están ben pero o ano é moi longo; imos falar  do tema a toro pasado.
Celébrase o Día Mundial da Reciclaxe co obxecto de concienciar á sociedade da importancia que ten este para o medio ambiente.
Na páxina de Recíclame tedes máis información sobre o tema.
O Día da Internet celebrouse este ano baixo o lema"A sociedade dos datos". Cada vez a rede ten máis presenza nas nosas vidas  facilitándonos o traballo (  ás veces tamén nos tolea).
Déixovos un interesante artigo de Educación 3.0 que fala sobre os alumnos/as e a Internet.
Por último, tócalle o turno ao Día Internacional dos Museos. Data a conmemoración do ano 1977 e pretende sensibilizar á poboación da importancia destes lugares como espazos de intercambio cultural e enriquecemento persoal.
En Educación 3.0  ofrécennos 15 visitas virtuais moi interesantes.
Tamén podedes consultar o publicado en anos anteriores aquí.
FELICES DÍAS!!!

xoves, 17 de maio de 2018

DÍA ESPECIAL.

Viñeta de O Bicheiro (Letras 2018)
Por fin chegou o día!!! Pero eu non sinto nada especial que non sinta o resto do ano cando emprego a miña LINGUA. Porque todo ano falo, río e choro en galego; salouco e aloumiño, rosmo, fuchico e amorríñome, lémbrome tanto e ás veces, esquezo. Así pasan os días, entre o amencer e o luscofusco, entre arroutadas, saudades  e algún que outro momento de sosego.
Para repasar o que vimos na aula sobre a autora homenaxeada este ano, María Victoria Moreno, fíxenvos un pequeno brincaletras  para que demostredes todo o que aprendestes.
A ver que tal se vos da!!!!
Non esquezades consultar entradas dos anos anteriores ,aquí.

FALADE GALEGO, RAPACES; DEMOSTRADE O ORGULLO QUE SENTIMOS CARA A NOSA LINGUA
Viñeta de O Bicheiro

martes, 15 de maio de 2018

FELIZ DÍA, FAMILIA.

Imaxe atopada na rede
Hoxe, 15 de maio, é o Día Internacional das Familias e pretende crear conciencia da importancia que ten o seu marco para a educación da primeira infancia e as oportunidades de aprendizaxe permanente que ofrece o seu seo.
Mentres preparaba esta entrada, buscaba unha imaxe  de familia que fose representativa das diferentes familias que existen o mundo. Gustoume esta(da que non sei a autoría)porque  denomina a todos os grupos coma FAMILIAS e non lles pon nomes "raros".
Para obter máis información do tema tedes a páxina das Nacións Unidas.
E para gozar da lectura en familia, esta compilación en LOQUELEO de Santillana.
Sexa cal sexa a túa situación familiar, goza das persoas que te coidan e que coidas; non hai nada mellor.
FELIZ DÍA A TODAS!!!

domingo, 13 de maio de 2018

BICOS E MÁIS BICOS.

Imaxe obtida na rede.
Esta fermosa iniciativa veu a luz alá polo 2015, impulsada pola Fundación Atresmedia e outra serie de asociacións. Pretenden instaurar o 13 de maio como Día do Neno Hospitalizado. Cando se produce un feito así, todos sofren as consecuencias: os primeiros , os nenos/as, as familias, o persoal médico-sanitario, os voluntarios/as...... Pero tamén todos xuntos loitan para saír adiante e conseguir que o  proceso sexa o máis agradable posible.
Por iso apoiamos a iniciativa para que se estableza o día e para visibilizar  esta  realidade que pode ser a de calquera de nós.
Máis información na páxina da asociación de nenos con cancro, AUPA.
As entradas de anos anteriores , aquí.
Nestre 13 de maio, e sempre, miles de bicos para os que os precisen!!!
Imaxe obtida na rede.
FELIZ DÍA!!!

venres, 11 de maio de 2018

VÍSTEME DESPACIO (II).

Como quedara nunha entrada anterior, gustaríame mostrarvos os estupendos traxes que nos trouxo Jose e o ben que lles quedaban aos nosos compañeiros/as. Xa viramos a Noé de cotío e de gala e a Alicia de cotío tamén.
Agora tócalle o turno a Xiana.
Jose tamén nos contou  que os chicos levaban colgado do pantalón  o pano de namorar. Nas festas sacaban as mozas a bailar e cando querían "mocear" con elas (facerse noivos) entregábanlle o pano e xa todos sabían que estaban comprometidos.
Mirade un exemplo das xoias que portaban.
Ollade que bonitas fotos. Parecen de antes!!!!
E como tamén o prometín, podedes comprobar como me queda a cofia.
Grazas á teacher María por estas fantásticas montaxes coas fotos dese día e a Jose Codesido pola súa charla e  simpatía. 
APRENDEMOS UN MONTÓN!!!

martes, 8 de maio de 2018

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2018.

Neste 2018 dedícanselle as Letras Galegas a unha estupenda muller, María Victoria Moreno. Imos propoñer  algúns recursos para traballar a súa figura:

-No  Portal da Lingua Galega podedes consultar o programa de actividades para estas Letras e obter información sobre autores homenaxeados no pasado.
- Na páxina do Seminario Galán tedes materiais específicos estupendos como cada ano.
-A Biblioteca Escolar Valle-Inclán de O Grove, ofrécenos unha compilación de imaxes sobre a escritora e as súas publicacións.
-No espazo Avalar sempre podemos atopar algún material interesante.
- No Portal Galego de Educación, BOTÓNS, hai unha peneira de recursos sobre a autora homenaxeada.
-Na páxina Primavera das Letras, hai actividades moi chulas.
Podedes consultar aquí as entradas de anos anteriores sobre as Letras Galegas.

sábado, 5 de maio de 2018

MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Cada primeiro domingo de maio celebramos o día das mamás. Creo que se merecen esa data especial pero que todos os días son seus. Ninguén te coida , te mima, te guía e te quere como unha mamá. Na nosa sociedade aínda quedan moitas cousas por cambiar e necesitan evolución; non vaiamos nunca contra as bases. O amor de nai é único. O amor de pai tamén. Todos teñen cabida e son necesarios.
Para que vexades como recoñecen os nenos/as as súas mamis, déixovos este vídeo.
Obtido no canal de Youtube de Hero Baby
Consultade as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA A TODAS!!!!

venres, 4 de maio de 2018

VÍSTEME DESPACIO...

Fai unhas semanas, visitounos no cole, un experto en traxe galego. A actividade está enmarcada no proxecto que todo o cole estamos a realizar, sobre Avelino Cachafeiro e a composición da Muiñeira de Chantada. Pero non queda aí a cousa. Todo isto forma parte dun proxecto de formación intercentros que engloba tamén aos coles de Soutelo e Cerdedo. (Noutra entrada explícovos máis).
A partires dun núcleo temático, cada aula elabora a súa propia investigación. Xa vos contamos a visita de Josele para falarnos dos instrumentos tradicionais e, nesta ocasión, toculle vir a Jose Codesido.
Explicounos, de maneira moi amena e cercana, como se vestían os mozos e as mozas de antes. O traxe de todos os días, chamado de cotío,era máis sinxelo e sen recargamentos e o que usaban para ir ás festas, de gala, presentaba outros elementos característicos.
Creo que o que máis nos gustou a todos/as foi que os traxes que traía serviron para ataviar a tres rapaces que lucían así de guapetes. 
Noé de cotío.
Noé de gala.
Alicia de cotío.
Estas montaxes realizounas co PiZap a teacher María e, como fixo un montón de fotos chulísimas, gustaríame que as puidésdes gozar. Nunha próxima entrada  ensínovos máis cousiñas (Xiana de gala, o pano de namorar , a profe Anabel con cofia......).

mércores, 2 de maio de 2018

ACOSO, NON!!!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Despois dunha xornada festiva voltamos ao traballo coa conmemoracioón do Día Internacional contra o Acoso Escolar. Temos moitas datas interesantes para celebrar ao longo do curso pero esta é unha das máis importantes, xa que o acoso se produce no noso entorno máis inmediato e de nós depende en primeira instancia erradicalo e facelo desaparecer. Sen botar balóns fora direivos que, como en case todas as problemáticas e concienciacións que debemos facer, non estamos sos. A familia e a sociedade son os outros dous axentes principais do cambio. Por iso é fundamental que unamos posturas e esforzos se queremos conseguir os mellores resultados.
Para obter máis información sobre o tema podedes consultar este artigo  en guiainfantil.
Deixovos esta preciosa curta de Pixar, chamada "Lou", que expresa moi ben o que é o acoso ou bullying. Non acoses a ninguén, non deixes que te acosen e non permitas que llo fagan a outros.
Atopado no canal de Youtube AniBox Trailer Access
Consultade aquí as entradas doutros anos; merecen a pena!!!
FELIZ DÍA!!!