xoves, 29 de novembro de 2012

CARTA DE BIBLO.

A semana pasada recibimos na clase unha grata sorpresa: unha carta de Biblo, a mascota da nosa biblioteca.Nela propoñíanos que escribísemos suxestións para a Mochila Viaxeira. E puxémonos mans á obra; rematamos no mesmo día. Ao día seguinte xa nos escribiu dándonos as grazas e prometéndonos que tería en conta os nosos gustos.
 

                 MOITAS GRAZAS, BIBLO!!!

martes, 20 de novembro de 2012

MICOLOXÍA EN ESTADO PURO.

O martes, día 13 de Novembro, tivemos unha charla ben interesante sobre  setas.
 Previamente organizárase unha exposición de cogumelos polo Departamento de Normalización da Lingua Galega, que tivo moito éxito; grazas a colaboración de todos os nenos/as e as súas familias. 
Roberto, un axente forestal experto no tema, deunos moitas pistas sobre como recoñecer, recoller e disfrutar de tan saboros fungos (os que son comestibles,claro!).Nós fixemos unha pequena crónica do evento. En breve os resultados.



luns, 19 de novembro de 2012

O MAGOSTO.


O día 9 de Novembro celebramos no cole o Magosto. Premede na imaxe se queredes ver como o pasamos.


xoves, 15 de novembro de 2012

APARATO LOCOMOTOR.

Xa sei que temos cousiñas pendentes pero..... como estamos traballando o aparato locomotor non me puiden resistir a poñervos estes xogos cos que poderedes averiguar canto sabedes sobre o tema.

Preme sobre a imaxe para acceder a todos

A ver, a ver... estivestes atentos na clase?

sábado, 3 de novembro de 2012

HALLOWEEN-SAMAÍN.

 Como todos os anos celebramos no cole a festa do Halloween ou Samaín.Pasámolo moi ben comendo rosca con chocolate, cantando cancións en inglés e recibindo premios no concurso de cabazas.Noraboa aos gañadores e felicitacións tamén, a todos os participantes e as súas colaboradoras familias.