xoves, 28 de setembro de 2023

DÍA DO PUNTO (2023).

Ilustración de Peter H. Reynolds
Como cada 15 de setembro celebramos na nosa aula o Día internacional do Punto. Este ano dunha maneira máis especial, xa que o libro cumple 20 anos. Premede na imaxe inferior para acceder páxina oficial.

luns, 18 de setembro de 2023

PRIMEIROS DÍAS.

Aula de 1º
O primeiro día de cole foi xenial! Todos/as estabamos felices de comezar, de vernos e de poder contar moitas cousas do noso verán.

luns, 11 de setembro de 2023

COMEZAMOS!!!

Montaxe realizada con Canva sobre imaxe de geralt en Pixabay.com
Hoxe, por fin, empezamos primeiro! Unido á ledicia de volver a atoparse cos compis,algúns deles que fai moito tempo que non se ven, tamén aparecen os nervios propios dun cambio de etapa, de curso e de mestra.

sábado, 9 de setembro de 2023

SETEMBRO OUTRA VEZ!

Imaxe de MabelAmber en Pixabay.com
Onde se foi o tempo que pasou tan rápido? Iso me gustaría saber a min. Supoño que andará no país dos recordos, se soubemos enchelo de fantásticas vivencias de verán e algún pululará polo recanto do tempo perdido (sempre se nos escapa algún). Sexa como fora, xa estamos en setembro e temos un novo curso esperando por nós.

xoves, 13 de xullo de 2023

ATA SETEMBRO!!!

Imaxe de Bibliotheek Bornem en Pixabay.com
Agora toca descansar, ler pasear...Espremer intensamente un verán que non volverá. Por iso non deixedes escapar ningunha oportunidade de pasalo ben, de aprender e aproveitade ao máximo todo o que a vida vos ofrece. Soa moi profundo pero chámase VIVIR!
Vivide a tope, meus nenos/as,non espero menos de vós!
Déixovos un pequeno agasallo para darvos as grazas. O importante xa o vivimos e o dixemos, iso queda para nós.

BO VERÁN! 
VÉMONOS EN SETEMBRO!