sábado, 30 de marzo de 2019

REPASAMOS AS TÁBOAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Que vos parece se hoxe repasamos as táboas? Pois imos logo. Primeiro podemos cantalas.
Obtido no canal de Youtube Doremi
E despois de cantar podedes xogar un pouco.
Tedes todas as táboas aquí. Comezade coas que xa sabedes para repasar e, cando as teñades seguras.... a probar coas seguintes!! Espero que vos guste!

mércores, 27 de marzo de 2019

INVÍTOVOS AO TEATRO!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como cada 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro, desde que se instaurou a conmemoración no ano 1962.Impulsada polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), cada ano escolle a unha figura representativa desta arte para pronunciar a mensaxe  sobre este día. Este ano o seu autor é o director de escea, dramaturgo, educador teatral e profesor cubano Carlos Celdrán.
Para que saibades o que son as obras de teatro, aquí vos deixo un vídeo de Aula 365.
Obtido no canal de Youtube  de Aula 365
Tamén vos comparto unha compilación de lecturas teatrais para todas as idades  de LOQUELEO, Santillana.
Para poder ver as entradas de anos anteriores, premede aquí.
FELIZ DÍA DO TEATRO!!!

luns, 25 de marzo de 2019

CARTAS QUE VEÑEN E VAN (II).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Quedamos en suspenso co que pasaría coas nosas cartas enviadas antes de Nadal. Para a nosa ledicia, nada máis voltar das vacacións agardábanos unha grata sorpresa.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
O meu querido Iago contestara e a súa postal estaba esperando no buzón a ser lida. Contábanos moitas cousiñas desde o Reino Unido, onde está de "aventura laboral"( É que este chico vale moito!).
Non vos vaides a pensar que me puxen de primeira por ser a profe. O que pasa é que tiven a sorte de ser a primeira en recibir misiva. Queremos compartir con todos vós a nosa ledicia e o que recibimos pero, algúns detalles teñen que quedar entre nós e os nosos remitentes; Non se pode contar todo!!
Seguimos visitando diariamente o noso buzón e, uns días despois, pasou isto.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
Foi  unha postal preciosa, chea de moito cariño. Ademáis traía unha bonita sorpresa : unha foto familiar para que Héctor os puidese ver cando os botase de menos!  Colocámola na aula nun lugar ben visible.
Montaxes realizadas con PiZap
Seguiremos informando!

sábado, 23 de marzo de 2019

OUTRA DE CELEBRACIÓNS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa falamos  dunhas cantas festas o outro día, pero aínda hai máis.
-Día Mundial da Narración Oral.
Imaxe atopada na páxina Tercera vía
O 20 de marzo celebramos esta tradición ancestral, que todos practicamos algunha vez e a practicaron con nós tamén. Algo tan marabilloso como que che conten historias non se debería perder. Por iso, na páxina de Loqueleo de Santillana, aparecen os dereitos dos nenos/as  escoitar contos. A ver que vos parecen!
Obtido na páxina do Facebookde Loqueleo Santillana
- Día Internacional dos bosques.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa estudamos todas  as cousas importantes que nos poden proporcionar as plantas, moitas delas precisámolas para vivir. O 21 de marzo pousamos a vista nos bosques para poñer en valor todo o que nos ofrecen. A FAO (Food and Agriculture Organization) ou o que é o mesmo, a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, preséntannos este precioso vídeo.
Obtido no canal de Youtube Food and Agriculture Organization
-Día Mundial da Auga.
Imaxe atopada en Pixabay.com
O 22 de marzo tócalle o turno a auga, que tanto necesitamos e que deberiamos coidar un pouco máis. Na páxina das Nacións Unidas tedes información sobre o obxectivo deste ano.
Para ver as entradas doutros anos, premeda aquí.
FELICES CELEBRACIÓNS!!

xoves, 21 de marzo de 2019

CELEBRACIÓNS VARIAS.

Imaxe atopada en Pixabay. com
Debe ser que xa chegou a primavera e as gañas de festa mutiplícanse. Por iso, o 21 de marzo, aglomera unha cantidade importante de conmemoracións. Imos por partes:
Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
Cartel atopado na páxina do Concello de Motril
Un  problema este que segue vixente en pleno século XXI. A discriminación racial e étnica é un fenómeno cotiá que abrangue dende  a negación dos principios básicos de igualdade das persoas  ata o convencemento de que unha raza debe ser perseguida. Se clicades no cartel, iredes á páxina ds Nacións Unidas con información sobre o tema.
Día Mundial do Sídrome de Down.
Lema do ano 2019
Este ano, baixo o lema #A sorte de terte, Dawn España pretende sensibilizar á sociedade e potenciar a inclusión  deste colectivo.  Creo que o vídeo é moi claro e reflicte á perfección o que pretende a campaña.

Obtido no canal de Youtube Down España
-Día Mundial da Poesía.
Imaxe atopada en Pixabay. com
A poesía que nos conmove ou irrita, nos adormece ou nos axita é un xénero pouco visible.Por iso temos un día para ela, para promovela  e gozala o resto da vida. Déixovos uns recursos para a aula (Valen para todo o ano!) da páxina Educación 3.0.
E para rematar un agasallo.
Noutra entrada, máis.
FELICES CELEBRACIÓNS!!!