Montaxe realizada con PiZap.
O día 17 de maio celebramos as nosas Letras por todo o alto pero, esta data, tamén coincide co Día Mundial da Reciclaxe e o Día da Internet .O día 18 tivemos o Día Internacional dos Museos.
Xa sei que
"pasou o día, pasou a romaría" pero tendo conta que son moi pouco convencional e creo que as datas sinaladas están ben pero o ano é moi longo; imos falar do tema a toro pasado.
Celébrase o
Día Mundial da Reciclaxe co obxecto de concienciar á sociedade da importancia que ten este para o medio ambiente.
Na páxina de
Recíclame tedes máis información sobre o tema.
O Día da Internet celebrouse este ano baixo o lema"A sociedade dos datos". Cada vez a rede ten máis presenza nas nosas vidas facilitándonos o traballo ( ás veces tamén nos tolea).
Déixovos un interesante artigo de
Educación 3.0 que fala sobre os alumnos/as e a Internet.
Por último, tócalle o turno ao Día Internacional dos Museos. Data a conmemoración do ano 1977 e pretende sensibilizar á poboación da importancia destes lugares como espazos de intercambio cultural e enriquecemento persoal.
En
Educación 3.0 ofrécennos 15 visitas virtuais moi interesantes.
Tamén podedes consultar o publicado en anos anteriores
aquí.
FELICES DÍAS!!!