luns, 27 de maio de 2013

A FADA PERELLA VOLVE CON FORZA.

Ola, chicos!!!
Canto tempo sen comunicarme con vós.
Creo que mereceu a pena porque lle dixestes á profe que me extrañabades moito, non si?
Pois como premio quero regalarvos algo que de seguro vos gusta: un positivo na materia que elixades!!!
Pero, claro, teredes que contestar unha preguntiña sobre o noso tema favorito:
-Por que canta o carro dos labregos? Cal é a misión do seu canto?
Escribídeo nun papel e entregádello á profe antes do venres 31 de maio. Xa a  aviso eu de que vos dea o premio.
Espero que vos guste.


xoves, 23 de maio de 2013

REPORTEIROS DICHARACHEIROS.

Xa contamos que tivemos una saída a Pontevedra en Abril e as as cousas que nos acontecerán. Agora chega o momento  de ler as crónicas que os nenos/as fixeron sobre a súa aventura.
Crónicas dunha saída anunciada.


domingo, 19 de maio de 2013

COS NERVIOS A FLOR DE PEL.

Resultou imposible non poñerse un pouco nerviosos á hora de contarlles aos nosos compañeiros de cole algunhas das cousas que aprendimos este curso sobre os labregos. O Proxecto Documental Integrado, que nos propuxo este ano a Biblioteca Escolar arredor dos oficios, chegou a mediados de maio ao seu punto álxido coa exposición do aprendido. O mércores 15 tocounos a nós e foi unha experiencia  interesante. Deixovos aquí unha montaxe sobre o acontecido, non sen antes agradecerelle  á profe Vane e a profe María que sacasen instantáneas do momento; porque a profe de 3º non estaba para eses trotes nese momento.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

venres, 17 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013.

Na honra das nosas estimadas letras escribimos agarimosamente estes acrósticos dourados.
A Fada Perella non puido resisitirse a crear un acróstico para todos vós.
Merecédelo. A nosa Lingua tamén!!!
 

DÍA ESPECIAL.


Hoxe é un  día especial no que conmemoramos, honramos, gozamos, vivimos e falamos as nosas queridas Letras Galegas. Non necesitamos un día sinalado, amámolas e usámolas sempre porque nos sentimos orgullosos do que somos  e temos conciencia de a onde pertencemos.
F
E
L
I
Z

D
Í
A