O xornal La Voz de Galicia fíxose eco, o venres 26 de abril, da nosa visita á aula dos Picariños para contarlles os nosos contos. Aí vos deixo a noticia.
martes, 30 de abril de 2013
luns, 29 de abril de 2013
CREAMOS UN CONTO? (2ª PARTE)
Xa vos comentei que fixeramos un concurso de contos na aula; non é certo? Pois os finalistas tiveron a gran sorte de poder contarllos aos picariños de 5 anos. Na próxima entrega a sorpresa do gañador/a.
Se premedes sobre a imaxe iredes á entrada do blogue: http/ospicarosdevane.blogspot.com/
onde a profe Vane colgou as fotos da nosa visita.
Grazas, profe Vane!!!
domingo, 28 de abril de 2013
SAÍDA A PONTEVEDRA.
O venres pasado fomos ata Pontevedra para ver a obra musical "Na percura do tesouro"a cargo de Gaiteiros Xistra. A cousa foi un pouco acelerada, pero iso non nos impediu gozar dunha entretida obra que defendía os valores e o noso patrimonio inmaterial; un gran tesouro por descubrir.
A parte, tivemos unha grata sorpresa coa que non contábamos; atopámonos cos nosos amigos,Nel e Rosi, que tamén asistían á obra cos seus compañeiros do novo cole. Tiven a sorte de coñecer a súa profe, Carmela, que me dixo que están aprendendo moitas cousas. Alegrámonos moitos e esperamos volver a vervos pronto.
sábado, 27 de abril de 2013
CHEGAN AS FLORES NO DÍA DO LIBRO.
Este ano , para a celebración do Día do Libro, Biblo, pediunos que elaborásemos una flor cun lema escrito no seu talo.A idea encantounos e este foi o resultado da nosa aula. Noutra entrada veremos o precioso xardín que agromou no noso cole.
venres, 26 de abril de 2013
CANTACONTOS.
Onte pola tarde disfrutamos dun contacontos moi especial. Con motivo da celebración das actividades arredor do Día do Libro e partindo a iniciativa da Biblioteca Escolar, o profe Toño, deleitounos cunha divertida sesión, na que combinou os contos e as cancións. Os nenos/as de 2º e 3º ciclo, xunto cos seus mestres, escoitamos e cantamos historias sobre o Pitiño Cucut, camaleóns, morcegos e moitos máis animaliños. Para rematar, un diploma e algo doce, para o artista.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
