xoves, 21 de marzo de 2024

martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DO PAI (2024)

Imaxe de Andana Editorial
Hoxe escoitei algo de todo e ata vin chistes relacionados co asunto.Pero eu non son de modas, xa o sabedes, polo tanto quero celebrar o Día do Pai (igual que celebrarei o da Nai). A min dame igual se tedes un só pai ou dous, se agasallades hoxe aos vosos avós, se papá vive con vós ou se xa non está presente neste mundo. O que reivindico para hoxe e todos os días é a figura paterna, o amor incondicional e a protección natural que todo ser humano precisa na súa formación (e despois tamén). Na forma en que cada un de nós o sinta ou o viva, xa é outra historia.

mércores, 13 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER (2024).

Imaxe de Евгения en Pixabay.con 
O venres pasado festexamos no cole o 8 de marzo. Ademais de facer cousiñas na aula, dende a biblioteca, ofrecéronnos realizar unhas gafas coas que poder mirar o mundo de forma máis igualitaria. Mirade que ben o pasamos!

venres, 8 de marzo de 2024

NÓS.

Montaxe realizada en Canva pola profe Vane.

Neste noso día queremos felicitarvos a todas.
Feliz 8 de marzo! Estamos no camiño!💜💜

mércores, 6 de marzo de 2024

O SOL, A TERRA E A LÚA.

Imaxe de Guillaume Preat en Pixabay.com
Como estamos no tema no que falamos do espazo, vou compartir uns vídeos que falan sobre o tema. Seguro que vos interesan!!