martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DO PAI (2024)

Imaxe de Andana Editorial
Hoxe escoitei algo de todo e ata vin chistes relacionados co asunto.Pero eu non son de modas, xa o sabedes, polo tanto quero celebrar o Día do Pai (igual que celebrarei o da Nai). A min dame igual se tedes un só pai ou dous, se agasallades hoxe aos vosos avós, se papá vive con vós ou se xa non está presente neste mundo. O que reivindico para hoxe e todos os días é a figura paterna, o amor incondicional e a protección natural que todo ser humano precisa na súa formación (e despois tamén). Na forma en que cada un de nós o sinta ou o viva, xa é outra historia.
Para festexar esta data déixovos esta preciosa curta de Disney Pixar "La luna" para que a vexades cos vosos papis.

Obtido na canle de Youtube CCF de Florida
FELIZ DÍA, PAIS QUE AMADES AOS VOSOS FILL@S!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario