luns, 14 de novembro de 2022

ANIMAIS E PLANTAS.

Imaxe de hartono subagio en Pixabay.com
Xa estamos no tema dos seres vivos e para que o poidades repasar dunha maneira amena e divertida, déixovos estes fantásticos vídeos de Curro e Pancha en galego. Isto sí que é un luxo!

venres, 11 de novembro de 2022

BIBLIOTECAS, LIBRARÍAS...

Cartel de Ana Jarén
Hoxe, Día de San Martiño, celébrase o Día das Librarías. Tedes información sobre o tema na páxina  de Cegal-Librerías de España. Premede na imaxe para acceder.

domingo, 6 de novembro de 2022

CEN ANOS.

Imaxe de Tibor Lézsófi en Pixabay.com
O 4 de novembro de 1922 Howard Carter descubriu o primeiro escalón de acceso á tumba do faraón Tutankhamón no Val dos Reis en Exipto. Na celebración do centeario do seu descubrimento coñezamos algo máis deste faraón neno.

xoves, 3 de novembro de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DO PUNTO.

Montaxe realizada pola nosa amiga Blanca B de Actividades para Educación Infantil
Xa queda un pouco lonxe esta celebración pero non me parecía xusto que ficase no esquecemento. Sobre todo se temos en conta o gran esforzo realizado polos meus nenos/as á hora de elaborar os seus puntos.

martes, 1 de novembro de 2022