martes, 10 de decembro de 2019

DEREITOS HUMANOS 2019.

Imaxe atopada na rede
O ano pasado celebrabamos o 70 aniversario da Declaración destes Dereitos de todos/as e para todos/as.
Como ven sendo habitual podedes ampliar información sobre este día na páxina  diainternacionalde.com.
En Educatolerancia.com aparecen recursos para traballar este día (aínda que sexa a toro pasado).
Atopei unha adaptación para nenos da Declaración Universal destes Dereitos realizada por Ruth Rocha e Octavio Roth. Pode ser interesante.
Consultade as entradas doutros anos aquí.
Imaxe de librería Olacacia
Hoxe , 10 de decembro, tamén se celebra o Día Internacional dos Animais para non esquecer o dereito ao respecto e á vida que teñen  estes seres vivos.
Para celebralo compártovos esta cantiga acumulativa de Uxía Lambona e a Banda Molona titulada "O canciño".
Obtido no canal de Youtube  de Uxía Lambona e a Banda Molona
FELIZ DÍA!!!

domingo, 8 de decembro de 2019

COMO CELEBRAMOS O 25 N.

Imaxe atopada na rede
Estes días son de tolos!!! Por iso non me tomedes a mal se ando algo fora de tempo. Quería contarvos como celebramos no cole o día 25 de novembro. Estivemos traballando coa letra da canción "Déjala que baile " de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano. Daí saíu  a idea da frase "Déixame que..." a cal plasmamos nuns lazos feitos na biblioteca para adornar a nosa entrada. Mirade como quedou!
Nós na aula decidimos facer o mesmo pero debuxándoo.
Montaxes realizadas con Pizap
O resultado dos traballos intentarei mostrárvolo noutro momento. O que sí vos deixo é a canción para que gocedes dela.
Obtido no canal de Youtube de Melendi

venres, 6 de decembro de 2019

DÍA DA CONSTITUCIÓN 2019.

Imaxe atopada na rede
Fai hoxe 41 anos que se lles preguntaba aos españois se aprobaban o proxecto da Constitución e votaron  maioritariamente que si.
Desde esa data temos unha Lei Fundamental do Estado, superior a calquera lei, que recolle os dereitos  e deberes de todos nós. Entrou en vigor o 29 de decembro de 1978, cando foi publicada no BOE (Boletín Oficial do Estado).
Atopei un conto moi sinxeliño que vos pode dar unha idea do que é a nosa Constitución.
Obtida no canal de Youtube Perfileando
Visitade entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

martes, 3 de decembro de 2019

IMPORTA TANTO COMO SE CHAMA UN DÍA?

Imaxe obtida na páxina da Nacións Unidas
 Desde 1992, o 3 de decembro, está recoñecido como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Con isto preténdese promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. (Fonte: Páxina das Nacións Unidas).
Pois ben, hoxe asistín a unha discusión sobre a terminoloxía que nomea á conmemoración  que nos ocupa hoxe: discapacidade vs diversidade funcional. Non vos vou reproducir aquí a conversa pero a conclusión que saquei eu foi: aceptémonos todos/as como somos e fagamos un mundo mellor no que poidamos convivir en paz e sen barreiras de ningún tipo. As palabras só son iso, palabras.
Dito isto, na páxina  diainternacional.com tendes información sobre esta data.
Déixovos a testemuña de Sara Andrés, mestra e atleta paralímpica que é unha das 3 españolas que conseguiu un récord en atletismo adaptado. Escoitade atentamente o que di, resulta moi inspirador!
Obtido na páxina de Youtube AprendemosJuntos
Podedes consultar as páxinas doutros anos, aquí.
Rematamos cunha fantástica curta sobre...  Vós mirádeo e xa me contaredes!
Obtido no canal de Youtube de The Present
FELIZ DÍA, CIDADÁNS DO MUNDO!!!

domingo, 1 de decembro de 2019

1 DE DECEMBRO.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Xa comezou decembro e con el, a conta atrás para chegar ao Nadal. É certo que o afán consumista que nos rodea leva andiantado este tempo case mes e medio pero eu creo que chegado decembro.... Xa podemos comezar a soñar!
Por iso o primeiro que imos facer vai ser descubrir por onde anda  Papá Noel  e que está a facer nestes días que tanto traballo ten .Xoga  cos elfos, aprende sobre tradicións navideñas, nunha palabra divírtete mentres esperamos a que chegue o Nadal!
IMOS!!!