domingo, 10 de novembro de 2019

PUNTIÑOS.

Imaxe atopada en WikiHow
Xa os botaba de menos! Vós, non? Chegaron á nosa clase os primeiros puntos da tempada con sorpresas incorporadas. Poderémolos conseguir cando rematemos o traballo e estea ben feito pero tamén debemos estar atentos porque poden vir extras  por outras accións positivas. Xa estamos moi avanzados na súa consecución. Ao conseguir 10, cambiarémolos por....un fantástico Tubophone de última xeneración!!! Permanecede atentos/as para ver estes marabillosos modelos!!!
Montaxe realizada con PiZap

venres, 8 de novembro de 2019

DÍA DAS LIBRARÍAS.

Cartel  obtido na páxina  diadelaslibrerias.es
Desde fai nove anos celébrase o 8 de novembro o Día das Librerías, que pretende  fomentar a lectura  e promover as librerías como centros da cultura.
Qué marabillosos lugares para perderse  e sempre atopar algo interesante! Nunca entrei nunha librería que non vise algo que quixese ler. Cal é o seu feitizo? Visitémolas a miúdo para estar informados, para saber as últimas novidades e para ter contacto humano cos nosos libreiros e libreiras, que tanto nos axudan a escoller ben.
Na páxina de diainternacional.com hai información sobre o tema e na Revista Babar tamén.
Aquí vos deixo unha selección de varias das librerías máis bonitas do mundo. A ver que vos parecen!
Obtido no canal de Youtube de Zona Literatura
Recomédovos dúas estupendas librerías galegas: unha pretiño, Librería Faro na Estrada e outra , un pouco máis lonxe, Librería Soños de Papel en Lugo. Pasádevos a descubrilas!!!
Para rematar, este vídeo de felicitación para este día de Azeta Libros y Papelerías.
Obtido no canal de Youtube de  Azeta Libros y Papelerías.
FELIZ DÍA!!!

martes, 5 de novembro de 2019

DÍA DOS COIDADORES 2019.

Imaxe obtida na páxina cuidadores.unir.net
Estamos acostumados a que, cada vez máis, existen días especiais de case todo. Sen querer cuestionar  ou comparar a importancia entre eles, si que creo que uns deben prevalecer sobre outros. Cales? Pois vouno deixar ao criterio de cada cal.
Para min un dos significativos é este que nos ocupa hoxe. A todos nos coidaron de peques, nos coidan cando estamos enfermos e poderemos precisar coidados ao chegar a anciáns. Por iso considero tan importante a figura do coidador/a, aqueles que se preocupan polos demais e se esquecen de si mesmos.
Para que teñamos sempre presente a súa importantísima función, sirva este vídeo de agradecemento .
Obtido no canal de Youtube de Lindor Ausonia
Déixovos tamén a entrada do ano pasado, aquí.
FELIZ DÍA!!!

luns, 4 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
A nosa celebración do Samaín comezou xa na semana anterior. O día 23, na" Hora de ler", visionamos o conto de OQO editora "Fiz, o coleccionista de medos". Alí, no salón de actos, fomos comezando un faladoiro sobre os medos en xeral, e sobre os nosos, en particular. Esta charla trasladouse a cada aula e aí foi onde decidimos encerrar o noso principal temor nun baúl, como fixo Fiz. Este foi o resultado.
Montaxes realizadas con Pizap
Xa na última semana do mes  foron chegando ao cole as supercabazas que os nenos/as realizaron xunto coas súas familias. Como todos os anos o nivel estivo ben alto. Xulgade vós mesmos!
Aquí vos deixo tamén a cabaza de Jesús, que lle quedou moi chula, pero non puidemos facerlle a foto con ela porque estivo pachucho.
Montaxes realizadas con Be Funky
Noutra entrada, a diversión do propio día.

venres, 1 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA CON...

Ilustración de Nono Granero Moya
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca por todo o alto. Visitounos Celtia Figueiras, escritora, titiriteira e narradora de historias. Ela non viña soa, acompañábaa  a simpática Rosi, que fixo a delicia de grandes e pequechos. O espectáculo titulábase "Cantamos?" e presentábanse unha serie de contos tradicionais pero cunha visión nova. Ata aparecía un foguete que levaba os tres porquiños a Marte.... con iso xa vos digo todo!
Ollade que ben o pasamos con Celtia e os seus amigos!
Montaxe realizada con Pizap.
Posteriormente fixemos unha ficha sobre a representación debuxando o que máis nos gustara. Velaquí o resultado.
 Premede na imaxe para ver.