mércores, 12 de xuño de 2019

TRABALLO INFANTIL, NON!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
 O  12 de xuño é unha data marcada no calendario que debemos  ter en conta. Se é importante  todo o relacionado co noso Planeta; non o serán tamén os seus habitantes? Pero falamos, ademáis, dun dos  grupos máis desvalidos: a infancia. Hoxe toca falar do Traballo Infantil, en concreto de que máis de  150 millóns de nenos e nenas traballan no mundo.
Déixovos  un vídeo, producido por Adrián Alvarado, participante nun concurso de curtas sobre o tema en Panamá. 
E vós , que pensades?
Obtido no canal de Youtube  de UNICEF  Panamá
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí.
Por último, unha canción que loita contra o traballo infantil. Titúlase "Til everyone can see" (Ata que todos poidan ver). A  min gustaríame  ver como isto remata e non hai un so pequeno/a que esté explotado de ningunha maneira. 
Obtido no canal de Youtube  de International Labour Organization
TOMEMOS CONCIENCIA!!

sábado, 8 de xuño de 2019

O INMENSO OCÉANO.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Celebramos o 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos. Esas inmensas masas de auga que nos alimentan, producen osíxeno, son hábitat de especies mariñas, nos proporcionan múltiples recursos e cada vez están máis contaminadas. É necesario un día( ou máis ben, 365) para falar do enorme vertedoiro no que se están a convertir os nosos océanos. Para máis información, a páxina das Nacións Unidas.
Na páxina de SOGAMA e baixo o lema "O mar non é un vertedoiro", tendes unha visión xenérica sobre a terrible problemática do plástico no mar. Lédeo e reflexionade sobre se debemos tomar medidas xa.
Fixádevos na duración que teñen os resíduos que chegan ao mar. Non vos parece alucinante o tempo que pode estar o lixo nas nosas augas? O único que fai aí é contaminar!
Infografía obtida na páxina Conciencia eco
Consultade a entrada do ano pasado aquí.
Para rematar, compártovos un vídeo que fala de como afectan os plásticos aos animais mariños.
Vídeo obtido no canal de Youtube de dragondeluz
FELIZ DÍA!!!

xoves, 6 de xuño de 2019

AGASALLO VIDA.

Imaxe obtida na páxina da Universidad Alfonso X, el Sabio
Hoxe celébrase o Día Mundial do Paciente Transplantado. Por fin unha data realmente de celebración!! Festéxase a vida, a solidariedade e o amor polos demais. Cando un órgano do noso corpo comeza a fallar, pode ser necesario colocar outro no seu lugar. Niso consiste un transplante, en substituír  un órgano ou texido danado por outro que estea ben. Pero para que isto suceda alguén ten que donar os órganos que se precisan.
Tendes máis información na páxina da Universidade.
Na páxina de PiCuida da Junta de Andalucía , podedes atopar o conto "El sueño de Greta" de Olga Pérez Barbero. Fálanos dunha nena que quere ser astronauta. Déixovos o conto en Pdf (premede na imaxe) pero se  clicades aquí , tamén poderedes escoitalo.
FELIZ DÍA AOS TRANSPLANTADO/AS E AOS DOADORES!!!!

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Observade a imaxe. Verdade que podedes respirar un aire limpo e fresco? Pois ese o tema escollido  para este 5 de xuño de 2019 con respecto ao Medio Ambiente; a contaminación do aire. Cada ano, a data céntrase nunha problemática ambiental que precisa de apremiante solución. Na páxina La luna de Alcalá hai información interesante sobre a cuestión.
Na páxina de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) lánzasenos un  reto #RRR. Queredes saber de que vai? Consultádeo na súa web.
Podedes consultar o decálogo para que os nenos/as coiden o Medio Ambiente  de guíainfantil.com.
Rematamos con música, cun himno para coidar o noso Planeta.
Obtido no canal de Youtube Despertando Las Neuronas
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí
FELIZ DÍA!!!

sábado, 1 de xuño de 2019

CELEBRANDO AS LETRAS (2019)(II).

Caricatura de Antonio Fraguas por Siro.
Xa contamos a nosa celebración das Letras e tamén como fixemos o lapiceiro. Pero non foron os nosos únicos traballos arredor da figura de Antonio Fraguas.
Primeiro adaptamos unhas fichas do Seminario Galán , onde incluímos un debuxo da Primavera das Letras. Velaquí  un exemplo.
Despois lemos, na "Hora de Ler", o libro "Antonio Fraguas. As miñas primeiras Letras Galegas". Pili Bolechas disfrázase do autor para contarnos os contos de cobras que el escoitou de pequeno e transcribiu en "O que eu sabía das serpes". Despois cada un fixo unha interpretación do  detalle que máis lle chamou a atención do conto. Agrandade as imaxes, no cadrado inferior, porque merecen a pena os debuxos e os seus títulos