Imaxe obtida en Pixabay.com
Celebramos o 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos. Esas inmensas masas de auga que nos alimentan, producen osíxeno, son hábitat de especies mariñas, nos proporcionan múltiples recursos e cada vez están máis contaminadas. É necesario un día( ou máis ben, 365) para falar do enorme vertedoiro no que se están a convertir os nosos océanos. Para máis información, a páxina das Nacións Unidas.
Na páxina de
SOGAMA e baixo o lema "O mar non é un vertedoiro", tendes unha visión xenérica sobre a terrible problemática do plástico no mar. Lédeo e reflexionade sobre se debemos tomar medidas xa.
Fixádevos na duración que teñen os resíduos que chegan ao mar. Non vos parece alucinante o tempo que pode estar o lixo nas nosas augas? O único que fai aí é contaminar!
Infografía obtida na páxina Conciencia eco
Consultade a entrada do ano pasado
aquí.
Para rematar, compártovos un vídeo que fala de como afectan os plásticos aos animais mariños.
Vídeo obtido no canal de Youtube de dragondeluz
FELIZ DÍA!!!