Imaxe atopada en Pixabay.com
Alá polo mes de novembro, falamos de escribir cartas. Desas das de antes, das que van polo correo de toda a vida e chas achega o carteiro/a.
Primeiro, cada un decidiu a quen lle quería escribir. Iso levounos un pouco de tempo, porque algún quería escribirlle ao seu curmán , que vía nas fins de semana. É normal!!!Saíu de todo: familia, antigos profes, amigos/as...
Despois houbo que buscar as direccións e escribir as cartas. Utilizamos unha plantilla común e cada un escribiu a súa. Despois de mandalas , so quedaba esperar.
Á volta das vacacións levouse mellor ao atopar un buzón tolo destinado á recepción das nosas misivas.
Montaxes realizadas con Pizap
Noutra entrada contareivos como foi o noso experimento. Atentos/as!!!



















