domingo, 8 de xaneiro de 2017

RECORDOS DO 1º TRIMESTRE(II).

Na entrada anterior recordamos actividades que nos gustaron do trimestre anterior . Agora tócalle o turno a recitados que gravamos na aula.
Compartovos dous vídeos feitos "made in na casa" (que xa sabedes que os fago con moito cariño e unha torpeza enorme). O primeiro é "O esqueleto". 
(Migallas ten unha canción super chula pero non a atopo)
O segundo, contén un poema que traballamos no Samaín;"Truco o trato" da nosa amiga Marisa Alonso Santamaría. Se queredes visitar o seu estupendo blogue "Poesía Infantil", clicade aquí. Mirade que ben o fixeron estes recitadores voluntarios.

sábado, 7 de xaneiro de 2017

RECORDOS DO 1º TRIMESTRE.

Montaxe realizada con PiZap.
Vou aproveitar esta entrada para dar as grazas a todos aqueles e aquelas que neste Nadal  me quixestes felicitar as Festas a min e aos meus. Sempre é un gusto recibir agasallos, pero para min, un dos máis importantes, é o tempo que dedicastes para escribirme unha postal. Moitas gazas a todos/as!!!

Feitos os agradecementos, xa sabedes que durante o primeiro trimestre fixemos moitas cousas interesantes, pero queremos recordar as máis divertidas.
(Como me gustaría que nos textos para realizar presentacións aparecesen os acentos e a letra ñ, porque ás veces é un rollo).

venres, 6 de xaneiro de 2017

CHEGAN OS REIS MAGOS.

Imaxe de Nadal de Fano.
Espero que esta noite chegaran os Reis cargadiños de agasallos para todos os nenos/as e o maiores tamén.Que viñeran repartidos, eso sí, que xa falamos que non precisamos tantas cousas materiais. Se cadra podemos compartir un pouco de tempo, un anaco de atención,un sorriso, unha aperta profunda e recompoñedora, biquiños a discreción e agarimosos aloumiños que sempre veñen ben.
Para celebrar este día con vós, deixovos esta curta, que nos ven ao pelo.  Titúlase "The gift" (O regalo) e está producida por Marza animacion. Que vos guste!!!
Obtido no canal de Yuotube de CGMeetup.
Tamén podedes rescatar vídeos e cancións de anos anteriores  clicando aquí.
Rematamos cun pouco de humor do grande , Andrés Faro.
FELIZ DÍA DE REIS!!!

mércores, 4 de xaneiro de 2017

CALENDARIO CEAPA.

Imaxe obtida na páxina de Inevery Crea.
Xa ven sendo case unha tradición que, cando comeza o ano, compartamos con todos vós o calendario da CEAPA(Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado).Nel, convídase ás familias a promover as competencias clave dos seus fillos e fillas. Estas competencias son as mesmas que traballamos no cole, polo que pode servir de reforzo e para compartir tempo xuntos. Accedede á páxina da CEAPA  e descargade o calendario premendo na foto.

luns, 2 de xaneiro de 2017

FESTIVAL DE NADAL.

Como todos os anos , no cole celebramos o festival de Nadal. Este curso, o profe Toño, propúxonos levar a cabo unha obriña moi simpática e non dubidamos en tirarnos de cabeza. Tanto foi así que ata tivemos que pedir axuda á clase de 1º para conseguir dous estupendos actores , Iker e Ainoa.
Deixovos unhas instantáneas da actuación.
Montaxe realizada con BeFunky.
O noso agradecemento a todos/as os que fixeron posible que esta obra saíse adiante: profes, familias e achegados, que se preocuparon de moitos pequenos detalles para que lucise o traballo dos nenos/as.
Agora ofrézovos o vídeo da actuación. Comprendo que é de moi mala calidade (case non se oe) pero iso non é culpa do que gravou senon do ruído da sala. De todas maneiras,para os que non asisitistes é unha maneira de "intuir" o que fixeron os vosos fillos/as. Pido desculpas de antemán.