mércores, 21 de outubro de 2015

REPASAMOS OS NÚMEROS(II).

Aquí vos deixo uns estupendos xogos para repasar a suma e a resta. A xogar!!!

-Este para sumar coa liña numérica.
-E este para restar coa liña numérica.
Este está moi chulo pero recoméndovos a axuda dun adulto para poder facelo. Atrevédesvos?

(Os  xogos recollinos no blogue da nosa amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca, que sempre ten moi bos recursos. Graciñas, Blanca!!!).

domingo, 18 de outubro de 2015

CANTO TEMPO, PERELLA!!!

A semana pasada, cando chegamos á clase, tiñamos unha sorpresa agardando por nós onda o photos.: unha caixa vermella cun lazo xeitoso e unha notiña misteriosa. Digo misteriosa porque levaba uns corazóns e poñía "Para sumar". Tamén estaba asinada coas iniciais F.P.
O enigma quedou medio resolto ao abrir a caixa e ver que había..... caramelos!!! Si, si, como o oides!! E claro; eu a verdade é que as iniciais me eran familiares e como os nenos/as me insistiron tanto en que lles contara o meu segredo.... tiven que falarlles de Perella! Quedaron moi contentos coa aparición da nosa amiga e fixeron moitas conxeturas sobre ela e como viñera.  Aínda no temos de todo claro.
Fixémoslle caso e usamos os caramelos para sumar pero.... tamén tivemos que probalos; para ver como sabían os doces do mundo das fadas!!!

mércores, 14 de outubro de 2015

ESFERATIC.

Imaxe obtida en pixabay.com

Fai uns días recibín unha invitación  moi motivadora por parte do espazo Esfera TIC. Trátase dun espazo que pretende englobar lugares web que dedican o seu tempo a mellorar a educación mediante o uso das novas tecnoloxías. Formar parte desta comunidade permite participar, compartir e coñecer diferentes maneiras de traballar.

Estou encantada de unirme a esta comunidade blogueira!!!
Premede sobre o logo para acceder.

xoves, 8 de outubro de 2015

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS.

Comezamos cuns recursiños de Ciencias Sociais.
- Na páxina de Educastur, Pelayo e a súa pandilla invítannos a coñecer a súa casa. Queres coñecela?
- Educarex ofrécenos estas divertidas actividades sobre a familia. Apetécevos xogar?

Agora tócalle ás Ciencias da Natureza.
-Divírtete   marcando as diversas partes do corpo nunha actividade de Edu Caixa.

-Para repasar os sentidos unha actividade de ANAYA da páxina de la Junta de Andalucía.
-La Galera tamén nos trae un encrucillado sobre os sentidos.

BO XOGO!!!

luns, 5 de outubro de 2015

FELIZ DÍA, DOCENTES!!!


Imaxe atopada na rede.

Hoxe é o Día mundial dos docentes e , aínda que este ano non estou moi centrada nas efemérides, non me gustaría deixar pasar a ocasión sen mencionar a data. 
Somos moitos os que amamos esta actividade que sempre se converte en algo máis, que trascende o meramente profesional pasando a ser un modo de vida.
Nas palabras do gran Gabriel Celaya queda parte do que pretendemos.
Imaxe atopada na rede.

 E para os docentes que me educaron a min, todo o meu agradecemento.
Imaxe atopada na rede.

Sempre esperando estar a vosa altura, MESTRES!!!