domingo, 18 de outubro de 2015

CANTO TEMPO, PERELLA!!!

A semana pasada, cando chegamos á clase, tiñamos unha sorpresa agardando por nós onda o photos.: unha caixa vermella cun lazo xeitoso e unha notiña misteriosa. Digo misteriosa porque levaba uns corazóns e poñía "Para sumar". Tamén estaba asinada coas iniciais F.P.
O enigma quedou medio resolto ao abrir a caixa e ver que había..... caramelos!!! Si, si, como o oides!! E claro; eu a verdade é que as iniciais me eran familiares e como os nenos/as me insistiron tanto en que lles contara o meu segredo.... tiven que falarlles de Perella! Quedaron moi contentos coa aparición da nosa amiga e fixeron moitas conxeturas sobre ela e como viñera.  Aínda no temos de todo claro.
Fixémoslle caso e usamos os caramelos para sumar pero.... tamén tivemos que probalos; para ver como sabían os doces do mundo das fadas!!!

6 comentarios:

  1. Menuda sorpresiña deberon de levar! Eu tamén quero a visita de Perella na miña clase ji ji sobre todo se ven cargada de tan estupendos doces. Paréceme un gran xeito de que sumen, Anabel. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esta Perella, Ana; que xa ves as ideas que ten!!!
      Non sei se chegarán os caramelos á resta, jeje.
      Un bico grande.

      Eliminar
  2. Una pena no estar cerca...
    Besicos a todos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ten cuidado, Blanca, que el hada es viajera y cualquier día te visita.
      Biquiños dulces.

      Eliminar
  3. lástima, porque a lo de probar caramelos... no hay quien me gane!!

    jiji, un beso.

    ResponderEliminar
  4. Creo que fue lo más les gustó, Blanca.
    Un beso.

    ResponderEliminar