sábado, 11 de maio de 2013

SEGUIMOS XOGANDO POLOS PUNTOS.

Esta vez adianteime á Fada Perella e serei eu, a profe, a que faga as preguntas para conseguir os últimos cinco puntos desta rolda. O certo é que sempre foi  unha actividade voluntaria,pero dada a natureza das preguntas (Labregos e Letras Galegas) será un traballo para toda a clase.
Aí van:
 1.Esta escultura témola ben pretiño.
    -Como se chama?
    -Onde está situada?
    -En que data foi inaugurada?
    -Como se chama o seu autor?
    -Averigua a data e lugar de nacemento do escultor.
    -Escribe outras tres obras do autor.

2.Dentro duns días celebraremos una data importante para os galegos .
   -A que data me refiro e que se celebra?
   -Por que se celebra nesa data esta conmemoración?
   -A que autor se lle adican este ano?
   -Investiga a data e lugar  de nacemento e falecemento deste autor.
   -Escribe tres das súas obras.
   -Quen foi o homenaxeado nesta data o ano que vós nacestes?

Tendes para entregar as respostas ata o día 21 de maio. Veña non sexades vagos; xa queda pouco para descansar

sábado, 4 de maio de 2013

DEPORTE ESCOLAR(IV).

O martes pasado tocounos ir a terras de Cerdedo a practicar un pouco de deporte. O certo é que foinos ben no fútbol, máis ou menos  no baloncesto , regulín no balonman e no axedrez quedamos en táboas; bueno na nosa liña, pero pasámolo ben  e disfrutamos xunto cos nosos compañeiros.
Agora solo nos queda agardar á festa do deporte.

xoves, 2 de maio de 2013

FLORES DO DÍA DO LIBRO.

Despois de crear flores  e lemas por aula xuntámolas todas e floreceron na entrada do cole, ao lado da biblioteca. Este foi o resultado.