luns, 11 de marzo de 2013

TARDE LABREGA.

O mércores 6 de marzo, na clase de 3º do CEIP Nosa Señora das Dores,vivimos una tarde moi especial. Non tivemos unha mestra ,coma todos os días , senón seis estupendas avoas que viñeron a contarnos como era a vida dos labregos fai anos. Isto  foi grazas a que no cole , o proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo é sobre os oficios tradicionais galego e, a clase de 3º, escollemos os labregos e labregas.Agradecémoslle as nosas avoas que deixasen as súas tarefas diarias para  facernos pasar unha divertida tarde chea de sabedoría,risas e....unha saborosa rosca!!!(Obsequio do cole para todos)


UN MILLÓN DE GRAZAS,AVOAS!!!
Tamén temos que agradecerlle ás reportiras gráficas ( ou dicharacheiras) a súa labor: Grazas Marta e Vane, para a próxima estades invitadas.

domingo, 10 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Ola ,chicos!!!Son eu, a fada Perella.
Sabedes que día celebramos o 8 de marzo? Efectivamente, o  Dia Internacional da Muller. Xa sei que foi o venres pero como xa me coñecedes, sodes sabedores de que non son moi partidaria dun día sinalado no calendario: Día da Muller, do Neno,da Paz, da Auga, dos Avós, das Enfermidades Raras.... Todas estas celebracións para min son diarias.Necesitamos ser conscientes todos os días das nosas vidas das cousas importantes que nos rodean.Dito esto, non temos por que non celebrar  determinadas cousas unha vez ao ano; ainda hai moitas cousas que cambiar.Todo iso está nas vosas mans porque vós sodes o futuro.
Bueno, que vos parece se para conmemoralo facemos algo e  gañades 5 puntos. Animádesvos???
Xa sei que temos pendente outros puntos  pero mentres remato o que estou preparando podemos xogar con esta data.
Teredes que contestar ás seguintes preguntas e entregarlle as contestacións á profe Anabel. Tedes de prazo ata o venres 15 de marzo. Non esquezades que a biblioteca pon á vosa disposición dous ordenadores no recreo e alí tamén podedes atopar a información.
Preguntas:
- Que conmemora o Día  Internacional da  Muller?(Busca antes no dicionario o significado de conmemorar)
-En que ano proclamou a Asemblea Xeral da ONU o Día Internacional da Muller Traballadora?
-Busca o significado da palabra sigla e pon ti un exemplo.(Recorda que neste blogue tes dicionario)
-Que significa a sigla ONU? En que ano foi fundada e onde?(Recordade que no blogue tedes buscadores, se poñedes ONU no Google Kids...ao mellor tedes sorte)
Bueno.......vale...., vouvos deixar un enlace para facilitarvos o traballo a ver se sodes capaces de facelo solos.A traballar!!!

venres, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO.

Feliz Día Internacional da Muller!!!!

Célebres cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, desde China a Costa Rica, desde Malí a Malasia, mulleres e homes,  reuníronse para divulgar unha mensaxe de unidade e solidaridade: somos “One Woman”, unha soa muller.
Esta canción, presentada hoxe, el 8 de marzo de 2013, é un clamor que inspira a quen a escoita, e que anima a promover os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero. “One Woman” escribiuse  para ONU Mulleres, a organización internacional defensora das mulleres e nenas de todo o mundo, para recoñecer a súa visión e traballo a favor da mellora das vidas das mulleres en todo o mundo.
(Cita textual de ONU Mujeres)

xoves, 7 de marzo de 2013

FADA PERELLA(II).

Ola, amiguiños!!! Estades ansiosos,non si?
Pois hai que ter paciencia, que todo leva o seu tempo.
Vouvos deixar un Eslvideo sobre a orixe da agricultura para que lle botedes un ollo e na próxima conexión xa vos conto como gañar eses fantásticos 5 puntos.

Paciencia teredes que demostrar
se cinco puntos queredes obter;
traballo duro e constancia
deberedes desenvolver.

domingo, 3 de marzo de 2013

A FADA PERELLA ATACA DE NOVO.

Ola, chicos !!! Canto tempo sen ter noticias  miñas ; non si?
O certo é que estiven moi atarefada  levando maxia e ilusión polo mundo adiante pero xa tiña gañas de falar con vós.
Sei por un paxariño que  tendes montado en clase un xogo de puntos que da boas recompensas e tamén me enterei de que estades a voltas co proxecto dos labregos. Pois ben, pensei nun  xeito de xuntar as dúas cousas.  Que vos parece?
Permanecede atentos ao blogue e enterarédesvos de como conseguir os seguintes 5 puntos.

Se queredes amiguiños,
cinco puntos conseguir,
permanecede atentos;
habédesvos divertir.