Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2010-2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2010-2011. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de xullo de 2012

SAÍDA POR FORCAREI.

Ola  outra vez.
Teño previsto ofrecervos un pequeno resumo do que fixemos este curso, pero antes gustaríame que vísedes  as crónicas que fixestes sobre a excursión  do curso pasado por Forcarei.
Lembrádesvos? Así poderedes comparar todo o que mellorastes no tempo en moitos aspectos.
Imos botar a vista atrás. Para poder velo mellor premede no cadrado da parte superior dereita "Pantalla completa"

xoves, 14 de xuño de 2012

A SERPE LOLA.

Xa non queda nada; a fin de curso está aí.
Como andamos todos tan liados, que vos parece se vos deixo un regaliño que fixemos en 1º?
Así lembrades o ben que traballamos e mentres acabamos e non, tómome un respiro ata que poida poñervos máis cousiñas, vale?
Xa sabía eu que me iades entender.
Disfrutádeo!!!

Preme no libro

mércores, 9 de maio de 2012

TRABALLO PARA A BIBLIOTECA.

 Bueno, despois duns días cambiando o aspecto formal do blogue, chega a hora de arriscar un pouco máis.Deixovos unha presentación que fixemos en 1º para a inauguración da biblioteca.
Esperamos que vos guste!