sábado, 1 de novembro de 2025

EFEMÉRIDES DE NOVEMBRO (2025).

Montaxe creada en Canva.com
Tras a noite de Samaín, chega  Todos os Santos para inaugurar  novembro e con el, as efemérides deste mes. Premede na imaxe para acceder a elas.
Asemade seguimos coa nosa flora tocándolle, nesta ocasión a vez ao... CASTIÑEIRO, o rei do outono.
É unha das árbores máis queridas de Galicia, sobre todo cando chega o outono e os montes se enchen das súas follas douradas e das sabrosas castañas.
O seu nome científico é Castanea sativa.

 Como é o castiñeiro?

O castiñeiro é unha árbore moi alta e forte, que pode vivir centos de anos. O seu tronco é groso e de cor marrón grisácea, coa cortiza rachada cando é vello. As follas son longas, verdes e dentadas polos bordos.
Na primavera florece, e as súas flores, chamadas candeas, anuncian que pronto chegarán os froitos.

Os seus froitos:

  • O froito do castiñeiro é a castaña, que medra dentro dun ourizo cheo de pugas.
  • Cando o ourizo madura, ábrese e deixa caer as castañas ao chan. Estas son marróns, brillantes e moi nutritivas.
  • Poden comerse asadas, cocidas ou en doces, e son moi típicas nas festas do Magosto.

Para que serve?

Do castiñeiro aproveitase todo:

  • As castañas para comer. 
  • A madeira, moi boa para facer mobles e construír casas, porque é dura e resistente.
  • As follas e ourizos, que serven para abonar a terra e coidar o monte.

É unha árbore moi útil e valiosa para as persoas e tamén para moitos animais, que atopan nel abrigo e alimento.

 Curiosidade:

Sabías que algúns castiñeiros galegos teñen máis de mil anos?
Un dos máis coñecidos é o Castiñeiro de Pumbariños, que é tan grande que poden abrazalo varias persoas á vez!

Podedes obter máis información desta árbore aquí.

FELIZ MES.

2 comentarios:

  1. Interesante información Anabel!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alédome de que vos interese, chicas.
      Grazas pola vosa visita e o voso comentario.
      Un saudiño.

      Eliminar