xoves, 8 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe da nova aula de 4º
Agora si que si! Por fin empezamos un curso como os de antes da pandemia. Iso non significa que non teñamos que tomar algunhas precaucións pero, básicamente, voltamos á normalidade. E este ano con sorpresa incluída: temos novo mobiliario! É moi chulo! Estamos desexando estrealo, xuntalo, movelo e vivilo. Ogallá sexa o presaxio dun cuarto marabilloso.
Tamén nos agardaba un pequeno agasallo da profe para comezar con ánimo: un "mini-kit" inicial. Levaba un boli máxico para escribir os soños, unha goma de intentar (como a de Noelia de Mi cole al día) e uns caramelos para adozar o principio. Queredes velo?  Aquí está!
Montaxe realizada con Pizap.com
Antes de marchar, gustaríame darlle as grazas a todo@s os que me escribiron no verán contestando a  miña carta. Fíxome moita ilusión!!! (Sobre todo as sorpresas).
Cartas dos meus alumn@s

4 comentarios:

  1. Madre mía, ya en 4º. Feliz comienzo. Anabel, que te vaya bien el curso. Un abrazo gordo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues si, Blanca. mis niño@s se hacen mayores.
      Gracias por tus buenos deseos.
      Un abrazo cariñoso.

      Eliminar
  2. Qué bien, Anabel.
    Buen inicio de curso.
    Biquiños.

    ResponderEliminar