xoves, 6 de xaneiro de 2022

DÍA DE REIS 2022.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Que tal se portaron os Reis?Atinaron cos agasallos? Espero que esteades tan contentos/as como o estou eu co recibido. Porque, ás veces, non se trata do material, do grandioso ou do máis caro. Importan as intencións, as gañas e os pequenos detalles. Ogallá abunden este ano que acabamos de empezar!
Eu pola miña parte, quero recordar o ben que o pasamos o último día de cole.
Comezamos a mañá cunha "matiné" de cine. Esta era a carteleira.
Cartel realizado con Canva pola profe Vane
Despois de votar saiu escollida"Bebé jefazo II". Aínda rimos un pouco entre flocos de millo a batido de chocolate, non si?
Tras un recreo longo entramos no salón de actos para gozar da actuación do pallaso Popín. Este sorprendeunos con trucos de maxia, cancións e xogos. Ademais de darnos unha lambetada a todos/as.
Que ben o pasamos!!!
Montaxes realizadas con Pizap
UN DÍA ESTUPENDO!!!

4 comentarios:

  1. Una fiesta preciosa para disfrutar.
    Un besico

    ResponderEliminar
  2. Un día estupendo de fin de trimestre. Los Reyes generosos como siempre. Un beso real, de reina a reina.

    ResponderEliminar