venres, 21 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2020.

Imaxe da Mesa pola Normalización Lingüística
O 21 de febreiro celebramos  o Día Internacional da Lingua Materna. Metidos de cheo no Entroido, tradición ancestral con moito vocabulario propio, queremos festexar a lingua na que comezamos a comunicarnos, a falar e a entendernos: a materna.
Para saber máis sobre esta data podedes consultar a páxina Diaintenacinalde.com.
Consulta as entradas de anos anteriores aquí.
E como toda boa celebración, a música debe estar presente. Onte  recibiu en Madrid o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español, a cantante cedeirense Guadi Galego. Este recoñecemento pretende destacar  a labor de persoas, entidades ou empresas que defendan e promocionen a diversidade lingüística. No seu último disco, Immersión, a cantante colabora con 17 artistas interpretando temas antigos en sete linguas diferentes: galego, euskera, catalán, astur, portugués, aranés e castelán. Isto valeulle o codiciado galardón.
Compártovos unha preciosa canción de Guadi, "Chea de vida", cunha estupenda animación de Carlos Lago. Levándoa ao meu terreo é o que eu lle desexo á miña lingua materna:
"Que a Lingua Galega estea chea de vida"
Obtido no canal de Youtube  campusinoproductions lago
FELIZ DÍA!!!

4 comentarios:

  1. Un bonito día para festejar Anabel.
    Yo voy aprendiendo el gallego, muy poquito a poquito, gracias a tu blog.
    Biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Marisa.¡ Me encanta esta faceta de mi blog!
      Feliz día.
      Biquiños a moreas na miña lingua materna.

      Eliminar
  2. Es importante fomentar en los peques el respeto y cariño para la lengua materna.
    Saludos.

    ResponderEliminar