domingo, 17 de maio de 2015

COMO A VIDA MESMA((XXIV( (2014-2015)

Hoxe temos que traer á nosa sección un  par de celebracións importantes. Onte celebramos as Nosas Letras por todo o alto e non dixemos nada para non facerlle sombra pero tamén era o día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade de Información.O Intef ofrécenos algúns recursos para traballar este tema, solo hai que premer na imaxe para ver o contido.
Ao abeiro desta data quero facer unha reflexión.
É evidente que as redes sociais cobran cada vez máis relevancia(que non se debería confundir con importancia) nas nosas vidas.Como adultos temos, na maioría dos casos, a capacidade suficiente como para elexir que facemos e como, na rede. Pero que pasa cos nenos/as e adolescentes? Existen redes creadas exclusivamente para eles, onde a presenza de pais/nais e mestres é imprescindible.
A revista educativa Educación 3.0 ofrécenos cinco posiblilidades de redes sociais para menores.
Clicade na imaxe para acceder á información.

Noutra orde de cousas , dicir que hoxe é o día Internacional dos Museos, que se celebra desde o ano 1977. Non se me ocorre mellor maneira de festexar este día que cunhas cantas visitas virtuais a algún dos museos máis prestixiosos do mundo. 

Museo do Prado (Madrid- España)
Museo Guggenheim (Bilbao- España).
Museo de Arte Moderno (MOMA) ( Nova York- EEUU).
(En inglés)
Museo do Louvre(París-Francia).
BOA VISITA!!!

6 comentarios:

  1. ¡Es una idea genial Anabel! Felicidades.
    Un bico forte

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Marisa!!! Espero que la disfrutéis todos/as!!!
      Unha aperta forte.(Un abrazo fuerte)

      Eliminar
  2. Que entrada máis completiña, Anabel! Grazas polas visitas virtuais a tan bonitos museos. Unha aperta e moi boa semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas , Ana. Moi boa semana a ti tamén!!!
      Biquiños.

      Eliminar
  3. Ver los museos en casa es un lujo...
    Un besico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tienes toda la razón , Blanca. Nos evitamos las colas, jejeje.
      Un bico.

      Eliminar