sábado, 22 de novembro de 2014

QUE VIVA A MÚSICA!!!

Hoxe, 22 de novembro, están de celebración todos os músicos, porque festexan a súa patroa, Santa Icía (Cecilia). Esta santa e mártir,ten baixo o seu patrocinio non só aos músicos, senón tamén, a poetas e cegos. Deixovos unha imaxe súa realizada polo pintor Matteo Rosselli en 1620.
E para  celebrar o día unha actución de Pentatonix, un grupo de música a capela de cinco vocalistas.En cinco minutiños fannos un repaso  musical excelente por varias épocas , centrándose no século pasado.
A ver que vos parecen este fenómenos.
PUNTOS
Propóñovos un reto: averiguar que compositores, cantantes ou cantigas versionan estas voces privilexiadas.
O que consiga cinco nomes obterá cinco puntiños. Tedes de prazo ata o venres 28 de novembro.
FELIZ DÍA; MÚSICOS DO MUNDO!!!

2 comentarios:

  1. Ola profe.
    Santa Cecilia e a patrona dos músicos e,eu e Daniel, somos músicos¡¡

    ResponderEliminar
  2. Pois parabéns para os dous no voso día!!!!

    ResponderEliminar