domingo, 2 de febreiro de 2014

CELEBRACIÓN DA PAZ


Aquí podesdes ver un resumo en fotos do que foi a nosa xornada de celebración do Día da Paz. Fixémolo o venres porque o xoves non estaban os nenos/as de 3º. De todos os xeitos, calquera día é bo para celebrar. Aparece o Abecedario da Paz, creado polos Equipos da Biblioteca e  Dinamización da Lingua; un traballo chegado desde a clase de PT, pombas que fixo a profe Puri en Relixión, bicos encarnados que nos deron os nenos/as da profe Vane e unha canción en Inglés que interpretaron os de 4º coa teacher María.Pero tamén houbo un conto dos de 3º  e o profe Toño, os de 4/5 anos recitando poesía.... En fin, que todos puxemos o noso gran de area e ao final cantamos  xuntos unha preciosa canción "Que vivan a paz a e o amor".
No blogue da nosa biblioteca http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/ podedes atopar un vídeo moi bonito sobre o abecedario da Paz que fixemos entre todos.
No blogue de Normalización Lingüística http://arxineando.wordpress.com/ atopamos Un resumo ben interesante sobre a nos axornada de celebración da Paz.

4 comentarios:

  1. Enhorabuena!!!!habeis hecho un gran trabajo y una actuación fantástica profes y chicos-as nos ha gustado mucho.Gracias por dejarnos ver todo lo bonito que haceis.Un beso.
    Família Soto Cardesín

    ResponderEliminar
  2. Que gran celebración da Paz, tivéchedes, Anabel! Encantoume todo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Grazas,familia. Alégrome de que vos gustase todo. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Estibo ben. Graciñas,Ana.Unha aperta.

    ResponderEliminar