Ilustración sorbia
O 2 de febreiro, véspera de S. Brais, casan os paxariños e comezamos a ver a primavera máis cerca. Xusto no medio do inverno, acontece o retorno das aves migratorias que se emparellan neste día. Para que non perdamos os nosos costumes e tradicións e como homenaxe aos meus avós, que me contaban estas cousas, déixovos 5 recursos para traballar esta data que atopei no blogue ALÍ (Recursos en galego para a Educación Infantil)



