Foto de danza Maasai obtida en Pixabay.com
Hoxe, 29 de abril, é o Día Internacional da Danza. Como xa sabedes,existen entradas de anos anteriores que podedes consultar, e eu dedicareime a darvos novas informacións. Como por exemplo, que este ano a encargada de escribir o manifesto para este día foi a bailarina, coreógrafa e docente exipcia, Karima Mansour. Resumiría a súa mensaxe en
"A danza é sanadora. A danza é onde a humanidade pode atoparse." Se queredes ler a mensaxe enteira premede
aquí.
Tamén é propio de min, neste día, falar do meu curmán Pablo que, xunto cos seus compis da escola Media Punta, recorren escenarios e concursos mostrando a súa arte. Pero fora dos premios que conseguen(que son moitos)o máis importante é loitar polos soños e gozar do que apaixona. Quedádevos con iso porque é importante para as vosas vidas: sen esforzo non se consegue nada e a felicidade persoal está ligada a dedicarse ao que a un lle gusta.
Queda aquí testemuña do traballo destes mozos/as que representan "Terra de meigas" na III Gala do Turismo das Rías Baixas.
Se clicades no enlace poderedes disfrutar doutras fantásticas coreografías no su canal e non esquezas o de anos anteriores,
aquí.
Imaxe obtida en Pixabay.com
Adiantándonos a mañá, 30 de abril, xa comezamos hoxe a festexar o Día Internacional do Jazz. Se queredes saber o por que da súa cebración, clicade na imaxe.
E que mellor maneira de facerlle homenaxe a este xénero musical tan vital , como escoitar unha boa peza. Nesta caso trátase de "A shot in the dark" do xenial Henry Mancini. Que vos guste!!!
Obtido no canal de Youtbe de Dachero