Este ano o magosto chegou con fresquete e con chuvia, pero aínda así, puidemos celebralo o xoves 10 pola tarde.
Comezamos con xogos tradicionais galegos, que nos gustan moito. Xa os coñeciamos pero sempre é un pracer repetir. Primeiro, unha volta pola Petanca, para pasar despois á Chave Celta e á Chave normal.Dentro, desafiáronnos a Casa do Rato, os Rulos e os Bolos Celtas. O último xogo que fixemos foi a Ra. Hai a quen se lle da moi ben estas actividades , fixádevos nos gañadores.
Pero non todo ía ser xogar. Despois de tanto desgaste, tocou repoñer forzas saboreando unhas riquísimas castañas, que asou o profe Javi.
Montaxes realizadas con PiZap.
ATA O PRÓXIMO MAGOSTO!!!!









