mércores, 30 de setembro de 2015

REPASAMOS AS LETRAS.

Xa estivemos repasando os números, que tal se agora nos dedicamos ás letras? Aquí vos deixo varias opcións:
- O primeiro xogo é de Portal Educativo e nel, Max, invítanos a repasar as vogais.
-En Vedoque atopei esta opción para completar palabras con vogais. Atrevédesvos?
- Os recursos de ANAYA  tamén son ben interesantes.
- Por último unha aplicación de Educarex, que nos ofrece un pouco de todo: vogais, consonantes, abecedario.
Todos estes recursos están en castelán e recollinos na páxina de Antonio López, Recursos educativos de primaria.

domingo, 27 de setembro de 2015

LÚA, LÚA.

Esta madrugada, en pleno comezo do outono, producirase un espectacular eclipse de lúa. A lúa chea que nos contemplará desde o ceo será a maior dos últimos catro anos e ofreceranos unha escena pouco común.
Para saber máis sobre este tema visitade a páxina Astronomía para Primaria, premendo na imaxe.
E como  cando se produza o fenómeno, os nenos/as deberán estar durmidos, terán a oportunidade de velo a través da páxina web do Observatorio das Casetas, en Forcarei.

mércores, 23 de setembro de 2015

OLA, OUTONO!!!

Imaxe atopada en Docentes para el fomento de la lectura.

Hoxe pola mañá recibimos ao outono , que chegou cun sol preguiceiro e unhas temperaturas suaves. Para darlle a benvida e gozalo na súa extensión deixovos unha compilación de recursos que vos poden ser útiles. Nós , de seguro, que utilizaremos algún.Quedarán enlazados na pestana de Recursos catro estacións, no lateral do blogue.
E para rematar a entrada, poesía.
Imaxe atopada en Docentes para el fomento de la lectura.

sábado, 19 de setembro de 2015

DO REVÉS.

Un pouco "do revés"empezamos nós o cole na clase de primeiro.Este cartel de benvida serviunos para introducirnos no mundo das emocións da man destes peculiares personaxes cos que todos nos identificamos nalgunha ocasión. Despois de presentalos e falar sobre eles, vímolos en acción no trailer da película.
Por último, falamos de como nos sentiamos cada un de nós ese primeiro día de cole e plasmámolo nun debuxo. Observade os resultados.

Seguiremos profundizando no tema e xa vos iremos contando que sae.
Se clicades aquí atoparedes a ficha para colorear en Pinterest.

martes, 15 de setembro de 2015

REPASAMOS OS NÚMEROS.

Como temos que ir empezando e meténdonos en materia, faremos un repasiño dos número do 0 ao 10. Xa sei que os sabedes!!!Por iso puxen repaso.

-Comezamos cun sinxelo xogo de Pepa Pig á que lle encanta patinar.
-Que vos parecen agora unhas sumas con animais? Son moi faciliñas!!!
-Aquí poderedes atopar varias actividades como recoñecer grafías ou seguir series numéricas.
-Que tal andades de memoria?Poñédea a proba con este xogo e xa me contaredes.
Todos os xogos están sacados do estupendo blogue de Antonio López,