sábado, 19 de setembro de 2015

DO REVÉS.

Un pouco "do revés"empezamos nós o cole na clase de primeiro.Este cartel de benvida serviunos para introducirnos no mundo das emocións da man destes peculiares personaxes cos que todos nos identificamos nalgunha ocasión. Despois de presentalos e falar sobre eles, vímolos en acción no trailer da película.
Por último, falamos de como nos sentiamos cada un de nós ese primeiro día de cole e plasmámolo nun debuxo. Observade os resultados.

Seguiremos profundizando no tema e xa vos iremos contando que sae.
Se clicades aquí atoparedes a ficha para colorear en Pinterest.

10 comentarios:

  1. Veo lo van a pasar muy bien.
    Feliz domingo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estoy deseando hacer cosas nuevas. A ver si nos divertimos todos
      Buen domingo para ti también.

      Eliminar
  2. Que concentrados se ven no seu traballo! Seguriño que disfrutaron moito coa actividade. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gustar , gustoulles pero xa ves que non todos estaban contentos de empezar. A ver se nos vai apetecendo a medida que avanza o curso.
      Un bico e boa semana!!!

      Eliminar
  3. Hola Profe!!
    Que ben que ( Casi) todos estén contentos de empezar o novo curso!! Eu non estou moy entusiasmada..

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola,Ana, que alegría terte por aquí de novo!!!
      Empezar un curso é difícil por moitos motivos:cambios, novos retos, poñerse as pilas despois das vacacións.... pero quinto é un curso con moitas posibilidades e sei que che vai a gustar. Ánimo e xa me contarás!!!

      Eliminar
    2. Claro profe, ahora terasme un poquiño menos por aquí, pero seguirei visitando o blogue sempre que poida, e facéndoche comentarios!!

      Eliminar
    3. Xa sabes, Ana , que estarei encantada de recibirte e contestarche.
      Todo un pracer que me visites e comentes.

      Eliminar