luns, 25 de setembro de 2017
CELEBRACIÓN DO DÍA DO PUNTO.
xoves, 21 de setembro de 2017
DÍA COMPARTIDO.
Imaxe atopada en Loqueleo de Santillana.
Hoxe comparten data o Día Internacional da Paz (que nos coles celebramos o 30 de xaneiro) e o Día Mundial do Alzheimer. Son conmemoracións sinaladas que debemos ter presentes nas aulas. Axudemos aos nosos cativos/as a ter paz entre eles e aprendamos nós da súa paz interior; fagámolos sensibles á dor allea que pode ser propia.
Preme nas imaxes para obter máis información sobre as celebracións.
E como non, unhas recomendacións lectoras sobre ambos temas.
Recomendacións de Club Peques lectores.
Recomendacións de Alzheimer Universal.
martes, 19 de setembro de 2017
ASÍ COMEZAMOS.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Foi un día cheo de emocións e novidades. Eles cambiaban de pasillo, de mestra e de etapa. Eu cambiaba de alumnos/as. Como somos un cole pequeno todos nos coñecemos , pero, aínda así.... son moitas "mudanzas".Cando chegamos á aula atopamos unha serie de números sobre as mesas e un folio azul na cortiza. Xa empezamos o primeiro día con pistas!!!
"Se hoxe te queres sentar,
segue as pistas sen rechistar"
Montaxe realizada con Pizap.
Nin que dicir ten que o fixemos xenial e acabamos todos atopando sitio.
E para empezar ben ollade como xogamos.
Montaxe realizada con Pizap.
venres, 15 de setembro de 2017
E PUNTO!!!!
Hoxe, 15 de setembro, celébrase o Día Internacional do Punto. Dende fai uns anos, en escolas de EE. UU, Canadá e Inglaterra, festéxase este día como canto á creatividade que debe haber nas aulas. O "culpable" da creación de dita efemeride é Peter H. Reynolds, autor e ilustrador do libro "O punto" (entre outros). Xusto nesta data publicouse o libro, por iso se escolleu. Aínda así as actividades realízanse nesa semana.
Este gran evento xa ten recorrido a nivel mundial e son cada vez máis as persoas que participan nel. Se queredes inscribirvos, premede aquí. Atoparedes un manual para educadores con actividades e mesmo un diploma acreditativo para os participantes.
Aquí vos deixo unha entrada con moita información sobre o tema
Este ano, a nosa amiga Blanca, do blogue, Actividades para Educación Infantil, animounos a participar na festa, e decidimos facer unha aproximación o tema.
Xa vos contaremos!!!
mércores, 13 de setembro de 2017
O RATIÑO PÉREZ.
Imaxe obtida na casa museo del Ratón Pérez.
Hoxe gustaríame compartir con vós, sobre todo coas familias, unha carta que vin nun muro de Facebook dedicada ao Sr.Pérez. Nesta misiva, Álvaro Fraile (o autor),faille unha serie de preguntas ao ratiño que poden ser de moito interese. Creo que a lectura resultará proveitosa e pode sevir de pé para a reflexión, sobre este tema e outros, que ao mellor se nos están escapando das mans.
Carta do Facebook de Álvaro Fraile.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













