Imaxe atopada na rede.
Hoxe , 27 de marzo, chega a nós unha nova celebración ; a do Día Mundial do Teatro. Creada en 1961, por iniciativa do Instituto Internacional do teatro (ITI), pretende dar coñecer o mundo das artes escénicas a todo o mundo.
Propóñovos estas opcións para a súa celebración.
-Uns recursos que nos ofrece a páxina do
Intef.
-Un artigo, no blogue de
Tiching, sobre o teatro como ferramenta no cole.
D Manuel Daniel Varela Buxán. Premede para ver a biografía.
Por último, unha reivindicación: a dunha figura clave no teatro do século XX da nosa terra ; D. Manuel Daniel Varela Buxán.
Este dramaturgo internacional viu a luz nunha pequena parroquia estradense (Lamas, no lugar de Sanlouzáns) alá nos albores do século pasado. Viaxou a Bos Aires e levou a Galicia con el, a través das súas obras teatrais. Voltou á terra e seguiu co seu traballo de difusión cultural e teatral.
Onte celebrouse o trinta aniversario do seu pasamento (25 de setembro de 1986) e o Gaiás homenaxeouno con moito bombo.
Dende o cariño polo teatro e compartindo o máis marabilloso lugar de nacemento que se podería ter, solicito a concesión das Letras Galegas para este persoeiro ilustre.
VIVA O TEATRO E VIVAN OS DRAMATURGOS, QUE SON UNIVERSAIS E NON PERTENCEN A NINGUÉN!!!