domingo, 2 de abril de 2017

CELEBRANDO ABRIL.

Imaxe atopada na rede.

Hoxe é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data que sempre solemos recordar e sobre a que falamos na aula.(Premede na imaxe de arriba para ver as entradas de anos anteriores).
Este ano a iniciativa da Confederación Autismo España e a Confederación Española de Autismo (FESPAU) , en colaboración con Autismo Europa,  pretende romper barreiras polo Autismo. Esta é a súa proposta.
Vídeo obtido no canal de Youtube de Confederación Autismo España.

Desde a nosa aula tamén quixemos colaborar con esta idea. O ano pasado, pasamos a testemuña e este, rompemos barreiras. 
E  TI, QUE FAS?
Montaxe realizada con PiZap.
Aquí vos deixo a nosa colaboración.
FELIZ DÍA !!! POR UN MUNDO SEN BARREIRAS!!!
Pero hoxe non temos unha soa celebración. Tamén a Literatura Infantil e Xuvenil está de festa. Premede na imaxe para obter máis información. Facede clic aquí para ver entradas de outros anos.
Cartel de MikhailFedorov.

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL!!!

xoves, 30 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA.

Imaxe atopada na rede.
Como ven sendo habitual no mes de marzo, celebramos a semana da prensa e traballamos, nestes días pasados, o xornal. Este ano fixemos varias cousiñas:
- Aproveitando  que o Diario de Pontevedra chegou todos os días ás nosas aulas e realizou monográficos sobre o tema, estudamos tres estilos periodísticos: informativo, entrevista e reportaxe.Como tamén vimos as súas partes despois xogamos a diferencialas sobre o papel.
Montaxe realizada por Pizap.
- Recordades a entrada Mundos alternativos? Alí había unhas preguntiñas para conseguir 5 fantásticos puntos e que conlevaban facer unha investigación on line. Era voluntario e, para todos os que o fixeron, creei unha ficha para volcar os datos. A ficha é propia pero guieime por unha idea  que aparece en A fiestra da maestra, de Patricia Sánchez Lamas.
Na mesma entrada falaba dunha segunda parte. No próximo post, toda a información.

luns, 27 de marzo de 2017

TEATRO CON REIVINDICACIÓN.

Imaxe atopada na rede.
Hoxe , 27 de marzo, chega a nós unha nova celebración ; a do Día Mundial do Teatro. Creada en 1961, por iniciativa do Instituto Internacional do teatro (ITI), pretende  dar coñecer o  mundo das artes escénicas a todo o mundo.
Propóñovos estas opcións para a súa celebración.
-Uns recursos que nos ofrece a páxina do Intef.
-Unhas recomendacións da Editorial SM.
-Outras da Editorial Santillana.
-Un artigo, no blogue de Tiching, sobre o teatro como ferramenta no cole.
D Manuel Daniel Varela Buxán. Premede para ver a biografía.

Por último, unha reivindicación: a dunha figura clave no teatro do século XX da nosa terra ; D. Manuel Daniel Varela Buxán.
Este dramaturgo internacional viu a luz nunha pequena parroquia estradense (Lamas, no lugar de Sanlouzáns) alá nos albores do século pasado. Viaxou a Bos Aires e levou a Galicia con el, a través das súas obras teatrais. Voltou á terra e seguiu co seu traballo de difusión cultural e teatral.
Onte celebrouse o trinta aniversario do seu pasamento (25 de setembro de 1986)  e o Gaiás homenaxeouno con moito bombo.
Dende o cariño polo teatro e compartindo o  máis marabilloso lugar de nacemento que se podería ter, solicito a concesión das Letras Galegas para este persoeiro ilustre.
VIVA O TEATRO E VIVAN OS DRAMATURGOS, QUE SON UNIVERSAIS E NON PERTENCEN A NINGUÉN!!!

sábado, 25 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER.

Imaxe atopada na rede.
Nunha entrada anterior xa vos contaba que íamos aproveitar a data do 11 de febreiro (Día Internacional de Muller e a Nena Científicas) para  festexar o Día Internacional da Muller. Cada neno/a escolleu dúas científicas do seu agrado e na aula fixemos unha posta en común, xa que algunha estaba repetida. Despois, cada un tivo que buscar información sobre as dúas mulleres escollidas e pasala a unhas fichas (nas que me axudou a profe Vane co deseño). Por último, pegámolas en cartolina, engadímoslle  unha foto e fixemos un libriño.
Queredes ver como nos quedou? Velaí  o traballo.
Montaxe realizada con PiZap
Por se a alguén lle interesan as fichas , tamén volas subo.

mércores, 22 de marzo de 2017

CHOIVA,NEVE, SARAIBA...AUGA!!!

Imaxe obtida en pixabay.com
Seguimos coas conmemoracións de marzo e hoxe tócanos o Día Mundial da Auga. Para celebrar esta data, botaremos man da música e a lectura.
As recomendacións lectoras chégannos de parte de a Editorial  SM e
a música ven voando polas ondas na voz de Marcelo Serralva, que interpreta "Água". Non é no noso idioma pero a música é universal. Recoñecedes a lingua?
Vídeo obtido  no canal de Youtube de Malamalenga.
Deixovos tamén un caderno sobre o Ciclo da Auga que aparece en Imágenes Educativas pero
non esquezades os recursos compartidos en anos anteriores
Recordade sempre a importancia deste ben escaso que debemos coidar e aforrar para que todos/as o poidamos gozar. 
Necesitámola para vivir!!!