sábado, 25 de xuño de 2016

PUNTUANDO: ALBA E OS ANIMAIS.

Montaxe realizada con PiZap.

Hoxe chegoulle o turno a Alba. Ela , ao principio, escollera algo relacionado coas letras, pero como esa xa foi a entrada de Candela decidiu cambiar o tema por...animais!!! Miña nai; menudo tema tan amplo!!!

Comezamos pois con uns vídeos documentais de Disney. Falarannos de leóns,  tigres, elefantes, crocodilos,canguros,delfíns e monos.
Atopado no canal de Youtube de Victoria Sainz.
Agora Pepa Pig preséntanos animais nocturnos.
Atopado no canal de Youtube de ilona.
Continuamos con unha boa manchea de cancións dos animais da granxa.
Atopado no canal de Youtube El Reino Infantil
Xoguemos cuns crebacabezas de Hellokids.
http://es.hellokids.com/
E por último,a colorear!!!
http://www.dibujoscolorearonline.com/
No blogue da nosa amiga Blanca B, Actividades para la Educación Infantil, atoparedes 300 fichas para descargar e colorear animais. Grazas, Blanca!!!

venres, 24 de xuño de 2016

ÚLTIMAS MANUALIDADES.

Agora que o curso rematou para os nenos/as quédanos mostrar cousiñas que quedaron no tinteiro , antes de comezar as verdadeiras vacacións.
Hoxe deixovos as nosas peciosas flores de primavera, basadas nunhas que vin en craftymorning.com
Clicade na imaxe para ver como se fan.
Xa podedes observar que nós démoslle o noso especial toque.Pasos que seguimos:
-Pintar as chapas de témpera (como non quedaban moi ben, utilicei pintura acrílica en aerosol) Tamén utilizamos algunhas chapas de cores.
-Pegar o limpapipas e o centro da flor(goma eva de purpurina) con silicona. Despois as chapas.
-En cartolina verde facer a herba e recortala. Pegámola.
-Recortar as letras de primavera e pegalas.
- Facer flores e bolboretas con troqueladoras e pegalas tamén.
A ver que vos parecen!!!
E para gardar todas as manualidades feitas durante o curso realizamos uns cartaces "made in ideas da profe", que nos quedaron así.
Montaxe realizada con PiZap.

mércores, 22 de xuño de 2016

SORPRESA!!!!

Quedaramos pendentes de ensinarvos o resultado do que plantaramos nas nosas botellas recicladas. Pois ben, mirade o que saiu do experimento.
Acertástes!!! É céspede!!!Pero non medrou así de espaciado. Mirade, mirade como evolucionou.
Entre a foto onde están todos os peludos e as tres de abaixo pasaron 15 días.Como se lle puxeron as melenas!!! Pero non hai problema, unha sesión de perruquería vexetal e listo.
Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 20 de xuño de 2016

ABRIMOS OS RECORDOS.


Chegou o día de abrir a Cápsula do Tempo. Aquela caixa que enterramos polo ano 2012 e contiña unha morea de recordos e sentimentos infantís. Aquel mausoleo dourado que tantas cartas albergou para a Fada Perella e tantas alegrías nos proporcionou, sobre todo no Nadal,tiña que ser invadido para poder lograr o obxectivo.
Xuntámonos na aula de 1º todos aqueles que pertencemos a esa historia e aínda estamos no cole, e procedemos á extracción.
Montaxe realizada con BeFunky.

Vaia sorpresa que nos levamos!!!!  O noso xoguetón pothos decidira colar as súas raíces na cápsula e facer estragos. Si, amigos, que lástima!!!Pero lonxe de deixarnos abater polo infortunio decidimos buscarlle unha solución a tamaña continxencia. Xuntos optamos por reducir a cinzas os recordos daquel curso e enterralas nunha nova posibilidade.
Que orgullosa me sinto destes meus nenos/as que xa son os mozos doutros!!!

Que o catártico lume que arde nesta aixada purifique a memoria e os recordos!!!
Paréceme esta unha entrada axeitada para que cumprades co prometido fai anos e tamén os nenos/as de 5º están invitados a contar o que queiran.

sábado, 18 de xuño de 2016

SAÍDA AO PARQUE.


Na semana pasada, despois dalgún que outro aprazamento, fixemos unha saída sorpresa ao parque.Ata o mesmo día os nenos e nenas non souberon nada, pero ademais, foi unha saída conxunta cos neno/as da gardería. Recolléronnos no cole e fomos camiñando ata o lugar (que é pretiño).Unha vez alí, representamos para todos "¡Fuera de aquí; horrible monstruo verde!",compartimos unha merendola e xogamos un montón.
Pasámolo xenial!!!
Montaxe realizada con BeFunky.
Moitas grazas a Belén por acceder a nosa petición de saída e a Lupe, Sonia e Andrea que viñeron coa nenos/as , ademáis das familias.