Montaxe realizada con PiZap.
Este ano teño que repetir agradecemento a todas e todos aqueles que vos lembrastes de min e da miña familia nestas datas tan entrañables.Non por contar con determinadas cousas se agradecen menos e cando as sorpresas son gratas, a felicidade é maior. Na montaxe podedes ver o correo postal (que me entusiasma!!!)pero agradezo igualmente todas as mostras de cariño a través de calquera medio de comunicación.
SODES TODOS/AS UN ENCANTO!!!!
(Por certo, a fada Perella tamén tivo correo; podo asegurarvos que estará saltando nunha perna soa!!!)





