mércores, 14 de outubro de 2015

ESFERATIC.

Imaxe obtida en pixabay.com

Fai uns días recibín unha invitación  moi motivadora por parte do espazo Esfera TIC. Trátase dun espazo que pretende englobar lugares web que dedican o seu tempo a mellorar a educación mediante o uso das novas tecnoloxías. Formar parte desta comunidade permite participar, compartir e coñecer diferentes maneiras de traballar.

Estou encantada de unirme a esta comunidade blogueira!!!
Premede sobre o logo para acceder.

xoves, 8 de outubro de 2015

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS.

Comezamos cuns recursiños de Ciencias Sociais.
- Na páxina de Educastur, Pelayo e a súa pandilla invítannos a coñecer a súa casa. Queres coñecela?
- Educarex ofrécenos estas divertidas actividades sobre a familia. Apetécevos xogar?

Agora tócalle ás Ciencias da Natureza.
-Divírtete   marcando as diversas partes do corpo nunha actividade de Edu Caixa.

-Para repasar os sentidos unha actividade de ANAYA da páxina de la Junta de Andalucía.
-La Galera tamén nos trae un encrucillado sobre os sentidos.

BO XOGO!!!

luns, 5 de outubro de 2015

FELIZ DÍA, DOCENTES!!!


Imaxe atopada na rede.

Hoxe é o Día mundial dos docentes e , aínda que este ano non estou moi centrada nas efemérides, non me gustaría deixar pasar a ocasión sen mencionar a data. 
Somos moitos os que amamos esta actividade que sempre se converte en algo máis, que trascende o meramente profesional pasando a ser un modo de vida.
Nas palabras do gran Gabriel Celaya queda parte do que pretendemos.
Imaxe atopada na rede.

 E para os docentes que me educaron a min, todo o meu agradecemento.
Imaxe atopada na rede.

Sempre esperando estar a vosa altura, MESTRES!!!

mércores, 30 de setembro de 2015

REPASAMOS AS LETRAS.

Xa estivemos repasando os números, que tal se agora nos dedicamos ás letras? Aquí vos deixo varias opcións:
- O primeiro xogo é de Portal Educativo e nel, Max, invítanos a repasar as vogais.
-En Vedoque atopei esta opción para completar palabras con vogais. Atrevédesvos?
- Os recursos de ANAYA  tamén son ben interesantes.
- Por último unha aplicación de Educarex, que nos ofrece un pouco de todo: vogais, consonantes, abecedario.
Todos estes recursos están en castelán e recollinos na páxina de Antonio López, Recursos educativos de primaria.

domingo, 27 de setembro de 2015

LÚA, LÚA.

Esta madrugada, en pleno comezo do outono, producirase un espectacular eclipse de lúa. A lúa chea que nos contemplará desde o ceo será a maior dos últimos catro anos e ofreceranos unha escena pouco común.
Para saber máis sobre este tema visitade a páxina Astronomía para Primaria, premendo na imaxe.
E como  cando se produza o fenómeno, os nenos/as deberán estar durmidos, terán a oportunidade de velo a través da páxina web do Observatorio das Casetas, en Forcarei.